Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

12/07/21 | 14:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia deixa en Lugo máis de 400.000 euros para 24 equipos

O plan comezou na tempada 2009/2010 con 80 equipos e un orzamento de 2,2 millóns ata acadar os 231 equipos patrocinados nesta última edición e 3,15 millóns de euros

10/07/21 | 13:30

A Xunta apoia con máis de 10.000 € a terceira proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas, na que participarán preto de 130 nadadores

O vindeiro 4 de setembro deportistas procedentes de distintos puntos de España e doutros países cubrirán a nado un treito de 23 km entre a illa de Ons e Combarro

10/07/21 | 12:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta recibe máis de 120 ofertas para o servizo de transporte escolar dos vindeiros dous cursos

O procedemento, dividido en 57 lotes, avanza coa presentación das propostas dos licitadores que prestarán servizo a 424 centros educativos por máis de 93M€

09/07/21 | 15:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta recoñece o traballo do adestrador vigués Miguel Méndez tras acadar a súa terceira euroliga consecutiva

Lete Lasa fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor como adestrador

02/07/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia obras na cuberta do pavillón polideportivo CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares por máis de 230.000 €

A delegada territorial da Xunta en Vigo explicou que os traballos consistirán na renovación integral da cuberta e a substitución de todos os caleiros e baixantes do edificio, así como das carpinterías exteriores e luminarias do centro educativo

01/07/21 | 16:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa aposta por unha trintena de olímpicos e paralímpicos galegos en Toquio que disporán de 300.000 € en axudas

O DOG publica hoxe a convocatoria das Axudas Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021

28/06/21 | 16:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia presume do nivel do seu judo con sete mundialistas e catro clasificados para os Xogos Olímpicos

Nikoloz Sherazadishvili, Francisco Garrigós, Alberto Gaitero, María Bernabéu, Laura Martínez, Sara Álvarez e Estrella López veñen de competir no Mundial de Budapest acadando dúas medallas (o ouro de Nijo e o bronce de Fran)

23/06/21 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a remodelación integral do campo de fútbol das Lombas, en Catoira, financiada con 236.000 € do Fondo de Cooperación

O delegado territorial, Luis López, supervisou hoxe esta actuación, que consistiu na substitución de todo o céspede artificial, o cambio da cuberta da bancada, a mellora do illamento térmico dos vestiarios e diversas obras na fontanaría, portas e accesibilidade

23/06/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao subcampión do mundo en 4x100 metros lisos

O delegado territorial Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados