Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

06/08/20 | 18:41 | C. de Política Social e Igualdade

O campo de voluntariado de Triacastela dinamiza o Camiño de Santiago ao seu paso polo sur de Lugo

As mozas e mozos participantes darán información sobre o Camiño, realizarán actividades para os peregrinos e crearán unha web-app

06/08/20 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta difunde entre a mocidade o valor medioambiental de Pereiro de Aguiar e Vilariño de Conso con dous campos de voluntariado

Mozas e mozos entre os 18 e os 30 anos participan nestas actividades que poñen en valor o patrimonio e a contorna destes concellos

06/08/20 | 10:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta informa que quedan prazas libres no campo de voluntariado que oferta este verán en Ponteceso

O prazo para inscribirse remata o 24 de agosto, tres días antes do inicio do mesmo o 27 de agosto

01/08/20 | 11:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca 15 prazas de bolseiro nas residencias xuvenís para o vindeiro curso académico 2020-2021

As prazas ofértanse no Centro Residencial Xuvenil LUG (Lugo), con catro; na residencia Florentino López Cuevillas (Ourense), con cinco; e na residencia Altamar (Vigo), con seis

31/07/20 | 11:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 86 propostas planificadas e protagonizadas pola mocidade ao abeiro do programa Iniciativa Xove

As axudas contan cun orzamento global de 400.000 euros e benefician directamente a 430 mozas e mozos como promotores dos proxectos

28/07/20 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia dos campamentos de verán para conciliar e que a rapazada se coñeza entre si e coñeza Galicia

Sinala que a primeira quenda dos campamentos se desenvolveu con plena normalidade e coa máxima seguridade

24/07/20 | 18:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta difunde entre a mocidade o valor patrimonial e cultural do encaixe de Camariñas co apoio dun campo de voluntariado

Mozas e mozos entre os 18 e os 30 anos participan nesta actividade, que é unha das novidades da Campaña de Verán deste ano

24/07/20 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

Mozas e mozos de 12 a 14 anos desfrutan da experiencia dun verán nunha granxa escola de Fornelos de Montes dentro da campaña estival da Xunta

Ocúpanse do coidado dos animais e ademais practican deporte no rocódromo, conducen quads, realizan rutas de interpretación ambiental e obradoiros de cociña, entre outras actividades

24/07/20 | 13:04 | C. de Política Social e Igualdade

O colexio Cemar de Mondariz balneario acolle por primeira vez un campamento dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Realízanse actividades de auga, equitación, tiro con arco, escalada, golf ou sendeirismo, entre outras

23/07/20 | 18:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o achegamento da mocidade ao legado arqueolóxico de Galicia cun campo de voluntariado na Ciadella

Mozas e mozos entre os 18 e os 30 ano participan nesta actividade, que é unha das novidades da Campaña de Verán deste ano