Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

12/06/20 | 13:10

A Xunta transfire ao Consorcio do Casco Vello de Vigo unha achega de 400.000 euros para incrementar os seus investimentos

A contía é o dobre do inicialmente previsto no convenio asinado en 2017, modificado o ano pasado para duplicar as achegas correspondentes a 2020 e 2021

06/06/20 | 10:35

A Xunta adxudica a redacción de tres proxectos para a rehabilitación de inmobles adquiridos polo IGVS en Ferrol Vello

O organismo público autonómico acaba de contratar a elaboración dos proxectos para recuperar sete inmobles e tramita a adxudicación doutros seis

04/06/20 | 18:46

Galicia reclama ao Goberno do Estado maiores garantías e axilidade para proceder ao desaloxo de vivendas ocupadas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasládalles aos representantes do Ministerio a necesidade urxente de garantir a seguridade xurídica do mercado inmobiliario e ve insuficiente o mecanismo do desafiuzamento exprés ante a aparición dos primeiros casos de ocupación na comunidade

04/06/20 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/06/20 | 10:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O CCVV inicia a licitación para as obras de rehabilitación de Berbés 29 e San Francisco 15 por 1,5 millóns de euros

A presidenta do Consorcio Casco Vello e delegada territorial da Xunta, Corina Porro, sinala que se intervirá sobre unha superficie útil superior aos 1.000 metros cadrados

02/06/20 | 11:21

A Xunta adxudica a obra de rehabilitación de oito vivendas protexidas en Cerdedo-Cotobade por preto de 700.000 euros

No mesmo bloque, o Instituto Galego da Vivenda e Solo investira máis de 300.000 euros na rehabilitación doutras dúas vivendas, que xa foron entregadas en réxime de alugueiro aos seus adxudicatarios, así como da cuberta xeral e das instalacións comúns do grupo de 10 vivendas apegadas

01/06/20 | 10:40

A Xunta destina 3 millóns de euros a axudas de mellora da eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública

Trátase de axudas a comunidades de propietarios de vivendas promovidas polo IGVS ou transferidas ao mesmo

29/05/20 | 15:15

A Xunta destina un millón de euros a subvencionar obras de rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

Trátase de axudas a comunidades de propietarios de vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou transferidas ao mesmo

27/05/20 | 17:28

A Xunta ofrece colaboración ao Estado para buscar acordos coas comunidades para implantar novas medidas sobre Vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta tarde unha videoconferencia co secretario xeral de Axenda urbana e Vivenda, David Lucas Parrón, para analizar as últimas decisións adoptadas neste eido para paliar o impacto da covid-19 e as correspondentes necesidades de financiamento

26/05/20 | 11:28

A Xunta incrementa en preto de 1,2 millóns de euros os fondos destinados ás axudas de rehabilitación de antigas vivendas de mestres e á infravivenda rural

No caso das axudas de rehabilitación de antigas vivendas de mestres os fondos increméntanse nun 60 por cento, engadindo preto de 1,1 millóns ao orzamento inicial