Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A nova campaña da Xunta para a promoción do consumo de conservas de produtos do mar chega a 1.400 nenas e nenos en xullo e agosto
Esta cifra súmase aos arredor de 4.200 escolares que alcanzou a iniciativa nos centros de ensino entre o seu inicio no mes de abril e xuño, o que suporá un alcance de máis de 5.500 despois de agosto
Rosa Quintana enxalza o conto 'Xela, a redeira' como unha boa ferramenta para dar a coñecer este oficio e promover a remuda xeracional
A Xunta apoia este proxecto da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao no marco da colaboración anual que mantén a Consellería do Mar con esta entidade
A Xunta anima este verán a preto de 2.000 nenas e nenos a comer peixes e mariscos a través da campaña ‘Ti si que es un bo peixe’
Esta é unha das accións que se inclúen na estratexia global da Consellería do Mar de fomento do consumo dos produtos pesqueiros GALICIA SABE AMAR
Galicia realiza 10.000 análises anuais de biotoxinas que garanten a venda e o consumo seguro de mexillón
Rosa Quintana sinalou que os estritos controis do Intecmar garanten a seguridade alimentaria dos moluscos e que o labor do centro foi clave durante o estado de alarma causado pola covid-19, pois as súas funcións declaradas esenciais contribuíron ao abastecemento de moluscos con todas as garantías hixiénico-sanitarias
A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela suman sinerxías para mellorar a produción de semente de moluscos bivalvos en criadeiro coa que repoboar os bancos marisqueiros
As partes traballan conxuntamente na busca de posibles patóxenos que poidan lastrar a produción de semente nas diferentes etapas de cultivo tanto nas instalacións do Centro de Investigacións Mariñas de Ribadeo como nas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura
O obxectivo desta acción de investigación é incrementar a dispoñibilidade de semente de moluscos bivalvos para cubrir as necesidades de recurso e impulsar tanto a produción marisqueira como os ingresos dos profesionais do sector
Os ingresos das lonxas galegas pola venda de polbo desde o inicio da campaña multiplican por oito os obtidos o ano pasado
A facturación dos centros de poxa pola comercialización desta especie son máis dun 60% superiores á media da serie histórica mentres que as capturas tamén están por riba da media dos últimos exercicios e o prezo medio é o segundo máis alto