Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta elaborará un censo poboacional de sete especies de aves mariñas de Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de licitar o contrato da actuación por preto de 80.000 euros
A Xunta procede a abrir a lagoa da Frouxeira en Valdoviño para evitar inundacións
Este procedemento realízase a través dunha canle temporal artificial, que reproduce a canle natural de desaugadoiro
Ourense acolle desde mañá a exposición itinerante da Xunta sobre a riqueza natural das sete reservas de biosfera de Galicia
Estará instalada na rúa Paseo ata o sábado 11 de decembro e consta de nove paneis informativos cos que se quere concienciar á sociedade dos valores culturais, paisaxísticos e medioambientais que atesouran estes espazos
A Xunta adxudica por preto de 100.000 € a mellora da conectividade entre o balneario e a praza de Augas Santas en Pantón
O contrato estaba reservado a unha empresa de inserción laboral e neste caso será Properdis a que executará as obras
Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambiente
Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre a arquitectura bioclimática
Sogama e o Concello de Cerceda renovan o seu convenio de colaboración ata o ano 2024 por un importe de 2,5 M€
O Goberno local deberá destinar todos os fondos achegados pola compañía a accións de carácter ambiental, cultural e social enmarcadas no desenvolvemento sostible
Sogama recibe un dos ‘European Business Awards’ deste ano polo seu compromiso medioambiental
Durante a entrega de premios celebrada onte en París, o presidente da entidade, Javier Domínguez, subliñou que esta distinción supón un recoñecemento ao esforzo realizado pola empresa pública en materia de xestión sostible dos residuos urbanos
A Xunta adxudica a construción da nova planta de transferencia de residuos de Ponteceso por 1,2 M€
A futura instalación, que substituirá á que opera na actualidade, permitirá ampliar a capacidade ata as 12.500 toneladas anuais e gañar en eficiencia, xa que estará preparada para transvasar, ademais da bolsa negra, as amarela e marrón
A Xunta inicia a información pública do Plan reitor do Xurés para compatibilizar os usos e a conservación deste parque natural nos próximos 10 anos
Ao igual que os plans reitores do parque natural da Serra da Enciña da Lastra e do Invernadoiro proponse un reaxuste e modificación das unidades de zonificación, co fin de identificar de xeito rápido e intuitivo as distintas zonas de protección