Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ofrece o seu apoio ao tecido empresarial para defender os intereses das preto de 5.000 edificacións afectadas en Galicia pola modificación da normativa estatal de costas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembra que o Executivo galego foi o primeiro en alertar hai máis dun ano da inseguridade xurídica e da incerteza que suporía a reforma para edificacións asentadas no litoral
A Xunta reclama a Alcoa e a Liberty House que subsanen as cuestións que dificultan o peche da operación de compra-venda
Reitera a importancia de que tanto Alcoa como a empresa Liberty House persistan na senda do acordo
A Xunta pídelle a Alcoa e Liberty House que axilicen as negociacións e ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, volveu amosar a máxima colaboración da Administración autonómica para contar cun proxecto de futuro para a planta de San Cibrao
A Xunta destina 15M€ a impulsar proxectos estratéxicos para implantar a Fábrica Intelixente en Galicia
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca a cuarta edición deste programa, que prevé mobilizar 49 millóns de euros
A Xunta ofrece a súa máxima colaboración para contar cun proxecto viable e de futuro para Alcoa San Cibrao
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, reitera que a Xunta vai seguir, como ata o de agora, aberta a colaborar e formar parte da solución se esa solución pasa por un proxecto que garanta o mantemento dos postos de traballo e da actividade
A Xunta apoia a través do programa ReAcciona máis de 260 proxectos para mellorar a competitividade das pemes galegas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas coas que se prevé mobilizar 1,3M€, achegando aos beneficiarios asesoramento especializado en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación
Case un cento de empresas galegas do sector forestal vanse beneficiar das axudas da Xunta para novos equipamentos, que mobilizarán preto 33M€
Os investimentos apoiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, teñen que ver, por exemplo, coa compra de nova maquinaria, a construción de naves industriais, a adquisición de equipos de medición ou liñas automáticas de canteado
A Xunta solicita a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE de Alcoa San Cibrao para avaliar a posible proposta dun investidor
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde por videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa na que por primeira vez o Goberno central anunciou que existe un posible comprador para a planta, e Alcoa a súa vontade de iniciar un proceso de venda
A Xunta destaca a formación dos directivos como chave para a mellora da competitividade e o impulso da industria 4.0 ante o novo contexto económico
O director do Igape, Juan Cividanes, compartiu parte da súa xornada de traballo cun estudante lugués de Administración e Dirección de Empresas e salientou o impulso do Goberno galego á capacitación do persoal directivo das pemes
A Xunta e as empresas electrointensivas comparten que a única posibilidade de garantir un futuro para esta industria é contar cun prezo eléctrico estable e competitivo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con axentes da industria electrointensiva de Galicia aos que informou das medidas postas en marcha pola Administración galega nos últimos días