Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

26/12/21 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o proxecto 'Acende o Xacobeo' iluminando ata o 7 de decembro 18 edificios emblemáticos na provincia da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña participou no acendido que tivo lugar este domingo na Torre de Hércules

23/12/21 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia mantense á cabeza na recuperación da demanda turística hoteleira en novembro

A comunidade autónoma rexistrou preto de 231.000 viaxeiros e máis de 434.000 noites, triplicando así as cifras do mesmo período do ano pasado

21/12/21 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na xestión dos fondos europeos de turismo e aproba xunto ao Goberno central o Plan Territorial do Litoral dotado con 29,3 M€

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na reunión da Conferencia Sectorial de Turismo entre o Ministerio de Turismo e as comunidades autónomas

20/12/21 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Universidade da Coruña na protección e promoción do patrimonio marítimo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na presentación da web do Plan da Cultura Marítima que recollerá as liñas a seguir para preservar a riqueza marítima de Galicia e do libro Patrimonio Marítimo incluído nun proxecto financiado no marco de O Teu Xacobeo

19/12/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

'Acende o Xacobeo' amplíase a 52 edificios en toda Galicia para darlle a benvida ao Ano Santo en 2022

A Xunta reedita a exitosa iniciativa que serviu como conta atrás para a celebración do Xacobeo

17/12/21 | 20:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño Inglés centrou o derradeiro encontro da I edición do Xacobeo Peregrinas que rematou hoxe en Ferrol

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron nun encontro no que tamén se deron cita a presentadora Paula Vázquez, a gaiteira Susana Seivane e a artista Lara Lars

17/12/21 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola creación dunha ruta fluvial no Miño para potenciar o río como destino turístico navegable

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, deu a coñecer en Salvaterra do Miño un proxecto incluído no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que conta cun orzamento de 1,1M€
 

16/12/21 | 19:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o pulo experimentado polo turismo este outono grazas ao Camiño e ao Bono Turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou hoxe no Parlamento de Galicia para informar da evolución da tempada turística e a eficacia das medidas posta en marcha para a recuperación do sector

14/12/21 | 21:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda reivindicou o papel do Camiño de Santiago na construción de Europa nunha conferencia no Colexio Maior Universitario Pío XII de Madrid

O vicepresidente primeiro da Xunta tamén abordou na ponencia as medidas levadas a cabo polo Goberno galego na mellora dos Camiños de Santiago e os albergues da rede pública para acoller aos peregrinos neste Xacobeo 21-22

14/12/21 | 20:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou a iluminación do Xacobeo en Madrid neste Nadal

Alfonso Rueda percorreu xunto ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, a zona na que se sitúa este elemento decorativo co que conmemorar a celebración do Ano Santo