Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde defende que os fondos da UE son unha oportunidade para dar o impulso definitivo á modernización da industria naval galega
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, demanda na apertura do congreso Maritime Trends Summit un compromiso claro e rotundo por parte do Goberno
Conde defende que a venda da planta de aluminio primario de Alcoa en San Cibrao é a mellor saída para todas as partes
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, advirte de que, se a empresa mantén a súa decisión unilateral de parar as cubas, non se desbota ningunha medida administrativa ou xudicial para reverter a situación
Conde aborda coas empresas de enxeñería a futura Lei de reactivación económica de Galicia e as posibilidades que pode ofrecer ao sector
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, mantivo esta semana un encontro coa Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)
A Xunta licita as obras para conectar á liña de alta tensión a subestación eléctrica que dará servizo ao parque da Sionlla
Cun investimento de 474.351,71 euros, esta actuación permitirá subministrar enerxía á subestación de Formarís, actualmente en construción
A Xunta adxudica a modificación do plan de sectorización e a redacción do proxecto de urbanización do polígono de Lalín
Xestur Galicia destinará 111.450 euros a redactar ambos documentos urbanísticos
Feijóo pon en valor o sector agroalimentario galego, clave para entender Galicia: "Para o que é e para o que queremos seguir sendo"
Asevera que hoxe a Comunidade conta cunha industria agroalimentaria composta de empresas que queren seguir diversificando e apostando pola calidade, pola innovación e pola apertura cara a novos mercados
O Polo Aeroespacial de Galicia avanza cara a súa consolidación como centro de referencia a nivel internacional en tecnoloxías relacionadas coa xestión e a seguridade aérea
A compañía Boeing realizou no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) demostracións das solucións desenvoltas no proxecto de I+D no eido da xestión e da seguridade do tráfico aéreo
Conde afirma que as previsións do sector da automoción para o último trimestre do ano son alentadoras e van ter como obxectivo avanzar no desenvolvemento do vehículo eléctrico e autónomo
Destaca a forte aposta que PSA está a facer polo vehículo eléctrico tanto a nivel de I+D+i como de infraestruturas
A Xunta adxudicará en outubro a urbanización da fase 2 do polígono das Gándaras e prevé licitar unha nova ampliación en 2021
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá con empresarios lucenses para trasladarlles os últimos avances e os próximos pasos do IGVS para mobilizar máis solo industrial na cidade da Muralla
O Polo Aeroespacial de Galicia contará cun parque industrial que albergará unha quincena de hangares dos que, os dous primeiros, de Indra e Babcock, xa están en construción
O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación puido comprobar a marcha da primeira fase das obras, na cal xa se está a traballar sobre unha área inicial de 3.000m²