Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa a renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 47 concellos cun investimento de 500.000 €
No seu conxunto promóvense obras de reforma, ampliación, mellora de accesibilidade e adquisición de materiais técnicos en centros das catro provincias
A Xunta investirá preto de 733.000 euros na restauración da igrexa de Santo Domingo de Ribadavia
Gabriel Alén subliñou a importancia destas obras de restauración pola súa significación na comarca do Ribeiro e porque é considerada unha das mellores mostras do Gótico mendicante galego
A Xunta promove 24 actuacións artísticas ata final de ano na Mariña a través da rede galega de teatros e auditorios
A Banda da Loba abrirá mañá o cartel de Burela, municipio que xunto a Foz, Ribadeo e Viveiro forma parte dende a comarca mariñá deste circuíto de exhibición de espectáculos cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as entidades locais asociadas
A Xunta impulsa en Tui a segunda edición do foro ‘Resonancias’ dentro do festival ‘Música no claustro’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa hoxe no II Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 22, xunto con músicos, luthieres, investigadores, conservadores e expertos nos instrumentos musicais
A Xunta aposta pola divulgación da cultura e a recuperación do patrimonio galego co campo de voluntariado 'Tradición en verde' de Lalín
O grupo de voluntarios que se dan cita nesta proposta realizan actividades para recuperar e promover diversos elementos arqueolóxicos, ambientais e etnográficos do municipio lalinense
A Xunta inicia en Baroña os traballos de recuperación dos petróglifos da Gurita e do Outeiro da Pedra Bicuda
A actuación, que a Consellería de Cultura financia con 18.000 €, abrangue a limpeza, documentación e consolidación dos gravados rupestres dunha das estacións arqueolóxicas de maior complexidade da península do Barbanza
O Centro Dramático Galego e Ainé inician os ensaios da súa produción ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ sobre o mundo do fútbol
Baixo a dirección de Tito Asorey, os actores Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta daranlle vida aos personaxes desta proposta lúdica, crítica e musical sobre a cara oculta do deporte
‘Compromiso na distancia’, a mostra que percorre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, recala en Vigo
A delegada territorial de Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron hoxe a exposición que permanecerá aberta ao público ata finais do mes de agosto na sede autonómica na cidade
A Xunta recupera a policromía do retablo e pinturas murais da Catedral de Mondoñedo
Cun investimento superior aos 270.000 euros, é a primeira actuación do Plan Catedrais que o Goberno autonómico rematada