Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

28/12/21 | 12:41

A Xunta sacará a concurso no primeiro trimestre de 2022 88.000 m2 no polígono empresarial das Gándaras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda porá á venda 14 parcelas das fases xa rematadas e 27 da 3ª fase, cuxas obras de urbanización serán adxudicadas en breve

27/12/21 | 14:35

Galicia contará o vindeiro ano cun informe sobre a incidencia do cambio climático na costa galega

Ángeles Vázquez sinala que ese estudo inclúe un visor para cuantificar os riscos do cambio climático nas praias e estuarios que completará o actual dispositivo que xa permite coñecer os riscos das inundacións e da suba do nivel do mar

27/12/21 | 12:54

Máis de 30.000 maiores galegos súmanse á economía circular coa reciclaxe de envases

A Xunta e Ecoembes impulsan a campaña ‘Terceiros en idade, primeiros en reciclar’, que chegará a 540 residencias e centros de día

22/12/21 | 14:18

A Xunta convoca axudas por 450.000 € para apoiar a concellos e asociacións protectoras no coidado e atención dos animais domésticos abandonados

Trátase da sexta convocatoria que fai o Goberno galego destas subvencións, que disporán o vindeiro ano da maior dotación económica desde a súa posta en marcha

21/12/21 | 11:33

Os peregrinos do Camiño de Santiago reciclaron en Galicia 117 toneladas de envases este verán

A campaña ‘Camiño da Reciclaxe’, impulsada pola Xunta e Ecoembes, facilitou a recollida de case 33.000 kg de recipientes de plástico, latas e briks e case 84.000 kg de papel e cartón durante os meses de xuño a setembro

20/12/21 | 15:50

Ánxeles Vázquez invita ao sector da hostalería a participar na Alianza Galega polo Clima para avanzar na economía circular

A conselleira salienta que a Estrela Verde Michelin e a súa traxectoria converten aos galegos galardoados con este recoñecemento en voceiros e referentes da gastronomía sustentable da Comunidade

20/12/21 | 13:04

A Xunta subliña que a posición de Sogama como a planta das súas características máis moderna e eficiente de Europa converte a Galicia nun modelo a seguir

A responsable galega lembra que nos últimos anos o sistema de xestión de residuos polo que aposta a empresa pública espertou o interese de Croacia, Uruguai, Arxentina, Nova Guinea ou Romanía, así como doutras comunidades autónomas

19/12/21 | 11:44

Galicia despide un outono con temperaturas cálidas e moi seco, no que se rexistrou un 34% menos de chuvia

A estación meteorolóxica caracterizouse por un mes de setembro cálido e normal en canto ás precipitacións, ao que lle seguiu un outubro cálido e seco e un novembro frío e moi seco

17/12/21 | 14:03

A Xunta conclúe o trámite ambiental da revisión do Plan especial de seca da demarcación Galicia-Costa

O DOG publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático do informe ambiental estratéxico, no que conclúe que non se agardan efectos ambientais adversos significativos