Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta finaliza a concentración parcelaria da zona de Boqueixón-Granxa tras investir máis de 1,3 millóns de euros
Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de case 615 hectáreas, triplicouse a superficie media das parcelas resultantes
A Xunta e as industrias cárnicas instan ao Goberno central a garantir a saída de carne dos matadoiros e a chegada de pensos ás granxas
En paralelo, faise un novo chamamento ao Executivo de Madrid para que identifique corredores seguros que faciliten a chegada de cereais ás industrias de pensos co obxecto de garantir a alimentación dos animais
Unha vintena de concellos con alta produción láctea e cinco organizacións agrarias asinan senllas cartas para instar á ministra de Transportes a que interveña ante o paro
Sobre os municipios, asinaron Mazaricos, Santa Comba, Frades, Trazo, Mesía, Curtis, Touro, Tordoia, A Pastoriza, Castro de Rei, Sarria, Cospeito, Guntín, Chantada, Taboada, Palas de Rei, Portomarín, Lalín, Rodeiro e Silleda
A Xunta destaca no I Encontro do viño galego o potencial da futura Lei da calidade alimentaria para consolidar no mercado os nosos viños, augardentes e licores tradicionais
José Luis Cabarcos, que estivo acompañado polo xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, lembrou que se vén de iniciar a tramitación desta norma, coa pretensión de tela aprobada neste 2022
A Xunta e as industrias lácteas instan ao Goberno central a garantir a chegada de subministración ás fábricas e a saída de produtos para asegurar a recollida de leite nas granxas
Faise un novo chamamento á Administración central para que identifique corredores seguros que faciliten a chegada de cereais ás industrias de pensos e a de pensos ás explotacións gandeiras, así como a saída de carne dos matadoiros
A Xunta e gandeiros instan ao Goberno central a reunirse coa plataforma que convocou o paro do transporte para buscar unha solución dialogada
O Goberno galego fai un novo chamamento á Administración central para que identifique corredores seguros para facilitar a chegada de cereais ás industrias de pensos, a chegada dos pensos ás explotacións gandeiras e a saída do leite das granxas, dos produtos lácteos das industrias e da carne dos matadoiros
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social os dous primeiros polígonos agroforestais de iniciativa pública en Oímbra e Cualedro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os dous acordos da Consellería do Medio Rural polo que se decretan estes polígonos, que afectarán unha superficie de 22 hectáreas en Oímbra e 64 hectáreas en Cualedro
O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba, no concello de Rodeiro
Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.854 hectáreas, propiedade de 722 veciños
A Xunta insta ao Estado a asegurar a entrada de pensos ás explotacións e a recollida do leite das granxas e da carne dos matadoiros para garantir a supervivencia do sector primario
O Goberno galego urxe de novo á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se garantan os servizos esenciais no paro do transporte
A Xunta destina preto de 100.000 euros a arranxar camiños municipais do concello lucense de Chantada afectados polo pedrazo
As obras -enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural- localízanse nas parroquias de San Fiz de Asma e Santa María de Pesqueiras