Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

03/09/21 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a programación en Galicia do III Camiño Escena Norte de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco

O director de Industrias Culturais participou na presentación desta nova edición, que ofrecerá nove funcións de teatro e danza en oito localidades galegas do Camiño do Norte entre o 12 de setembro e o 10 de outubro

03/09/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras para construír un novo albergue de peregrinos en Piñor

A actuación supón un investimento de máis de 1,1M€ e contará como novidade cun espazo para a recepción de peregrinos a cabalo

02/09/21 | 20:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘O soño musical dos corpos celestes’ funde arte e ciencia arredor do Camiño co apoio da Xunta

A Consellería de Cultura, a USC e o Concello de Santiago promoven esta iniciativa impulsada desde o ArtLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

02/09/21 | 18:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro recibe ao ex xogador da NBA Craig Hodges tras completar a última etapa de 'O camiño remata en Obradoiro'

A directora de Turismo de Galicia acompañou ao protagonista da sétima edición desta iniciativa organizada polo club de baloncesto Monbus Obradoiro para promocionar o Camiño de Santiago

02/09/21 | 17:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia inaugura unha exposición que profunda na historia iconográfica xacobea

‘Imago Sancti Iacobi: A iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia’ poderá ser visitada de setembro a novembro en horario de 9,00 a 21,00 horas

02/09/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a entrega da Compostela 100.000 e mantén a previsión de pechar este ano por riba dos 140.000 peregrinos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu a Jorge Manuel Domingues Gonçalves, que chegou a Santiago a través do Camiño Portugués, e invitouno a repetir a experiencia e volver a camiñar a Galicia neste Xacobeo 21-22

01/09/21 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugura en Astorga unha mouteira cedida a Castela e León para conmemorar o Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, invitou hoxe aos leoneses a camiñar a Galicia durante o acto de inauguración deste monumento, que se enmarca na iniciativa “Símbolos Xacobeos no mundo” para expandir a marca xacobea

01/09/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta califica agosto como un mes excepcional en ocupación turística con niveis superiores a xullo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe xunto a membros da xunta directiva do Clúster Turismo de Galicia, que o modelo de turismo tranquilo e de calidade contribuíu a que o mes pasado a comunidade recibise case o dobre de visitantes que o ano pasado

01/09/21 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia esta semana obras de mellora da seguridade viaria en tres puntos do Camiño Primitivo que coinciden con vías autonómicas na Fonsagrada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos de reforzo da sinalización e acondicionamento do pavimento da ruta xacobea no cruce coa estrada LU-740 á altura da Pobra de Burón