Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

12/01/22 | 13:06

A Xunta concederá axudas de ata 12.000 euros a asociacións e particulares para accións de mellora e conservación en parques naturais e na Rede Natura 2000

Ángeles Vázquez recorda que os concellos tamén poderán acceder a incentivos de ata 20.000 euros para actuacións en Rede Natura 2000 e de 40.000, se se executa nun dos seis parques naturais de Galicia

12/01/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta garante o cumprimento estrito dos requisitos urbanísticos, ambientais e técnicos exixidos para toda a actividade que se desenvolva en San Finx

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con concellos da zona, na que tamén participaron as Consellerías de Infraestruturas e do Mar, para avaliar a situación actual

08/01/22 | 13:30

A Rede de Calidade do Aire da Xunta incorpora dúas estacións de control para mellorar a cobertura xeográfica dos datos relativos a contaminantes

A nova instalación do Parque da Cega, en Meicende, está xestionada pola empresa Repsol, e a outra, localizada na Escola de Música de Burela, vén substituír á estación do Monte Pedrouzo como unha das tres que ten asignadas Alcoa-San Cibrao

07/01/22 | 13:13

A Xunta licitará no primeiro trimestre de 2022 a redacción do proxecto de interese autonómico do futuro parque empresarial de Coristanco

Ángeles Vázquez coñeceu un informe sobre a demanda actual do tecido empresarial, elaborado polo Concello, que inicialmente require 40.000 m2 de solo

05/01/22 | 12:31

A Xunta adxudica a obra e posta en marcha da planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa por máis de 15 M€

A instalación localizarase no polígono industrial de Baión, onde Sogama adquiriu sete parcelas cun total de 20.000 m2 polas que realizou un desembolso de 1,5 M€

30/12/21 | 13:43

A quinta edición da '1 metro cadrado polo campo, os bosques e o monte' pecha en Galicia coa caracterización de case 1.000 residuos

Para conmemorar a celebración do Día Internacional das Montañas e no marco do proxecto no que colabora a Xunta, preto de 250 voluntarios retiraron basulareza en 17 puntos da Comunidade

30/12/21 | 12:18

A Xunta e Vilanova de Arousa colaborarán na construción dunha senda fluvial no río Currás ao seu paso pola parroquia de Caleiro

Ángeles Vázquez tamén lle avanzou ao rexedor as previsións de adxudicar as obras da planta de tratamento de biorresiduos o vindeiro mes de xaneiro

28/12/21 | 14:49

O Casco Vello de Vigo adquire por primeira vez catro inmobles na rúa Alta do barrio histórico

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, informa da compra conxunta por valor de 275.000 euros dos números 8, 10, 12 e 14

28/12/21 | 12:43

A Xunta abre por primeira vez o proceso para a adquisición directa de 38 parcelas da Plisan que suman máis de 276.000 m2

Este proceso dá continuidade ao concurso público de venda convocado en xuño deste ano, polo que se manteñen as mesmas condicións deste ámbito empresarial ao sur da Comunidade