Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

14/11/22 | 13:53

Máis dun cento de técnicos urbanísticos de toda Galicia participan esta semana no segundo curso sobre disciplina urbanística organizado pola Xunta

Durante tres días, especialistas do sector público, universitario e xurídico exporán as principais novidades normativas no eido do urbanismo desde un punto de vista práctico e clarificarán a relación entre todos os axentes implicados na defensa do territorio

11/11/22 | 14:24

A Xunta ultima a licitación da redacción dos proxectos para ampliar o polígono de Santa Comba

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo reuniuse hoxe coa rexedora municipal para pechar os detalles da nova delimitación, que terá unha superficie de ao redor de 204.000 metros cadrados e se desenvolverá dividida en dúas fases

11/11/22 | 11:28

A Xunta ultima as guías monográficas da paisaxe sobre carteis publicitarios e instalacións portuarias para a súa presentación antes de que remate 2022

Estas novas publicacións formarán parte da Colección Paisaxe Galega, que conta xa con 12 guías editadas, un visor interactivo con 12 rutas en bicicleta e o Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos

11/11/22 | 10:11 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Castroverde, Rairiz de Veiga e Valga que reorganizarán unhas 1.319 hectáreas

Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

09/11/22 | 17:33

Xunta, SEA e Concello analizan os pasos a seguir para comezar en 2023 a ampliación do polígono da Laracha

Ángeles Vázquez subliña que a Xunta aprobou en 2021 a modificación do proxecto sectorial necesaria para ampliar o parque e despois incluíu a nova delimitación no Plan de ordenación de áreas empresariais, que se prevé aprobar en primavera
 

08/11/22 | 21:21 | A Presidencia da Xunta

Galicia pide a colaboración do Goberno central para unha transición ecolóxica que ampare os intereses enerxéticos e industriais da Comunidade

Rueda require máis flexibilidade nos prazos de tramitación dos proxectos de enerxía eólica na Comunidade, especialmente aqueles con vinculación industrial

08/11/22 | 13:21

A Xunta adxudica máis de 26.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Sionlla e As Gándaras

Son un total de 7 parcelas nas que se aplicou unha bonificación sobre o prezo de venda que supuxo un aforro de 1.184.347,70 euros para as empresas adquirentes

07/11/22 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez enmarca o novo proxecto cultural da estación de Vedra nos obxectivos de revitalización do rural que impulsa a Xunta con ‘Territorio cultura’

É unha das 14 propostas adxudicatarias da primeira convocatoria do fondo a través do que o Goberno galego investirá 1,25M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas

06/11/22 | 10:07

O Proxecto Terra impulsado por Xunta e COAG achegará ao alumnado de 45 colexios o coñecemento dos seus hábitats e dos diferentes aspectos que os compoñen

Desde a posta en marcha da iniciativa, no ano 2000, nunca antes se recibira un número tan elevado de solicitudes para participar neste programa pedagóxico
 

05/11/22 | 16:01

A Xunta concede máis de 660.000 € en préstamos sen xuros aos Concellos de Cerdedo-Cotobade, Cortegada, Lobios, Porto do Son e Rubiá para actuacións de rehabilitación

Ángeles Vázquez salienta que estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación