Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

29/06/22 | 22:06

A Xunta enxalza o potencial do tráfico de cruceiros en Galicia e as súas vantaxes para o turismo

A Autoridade Portuaria da Coruña outorgou neste evento un galardón ao sector sanitario e ás forzas e corpos de seguridade de Galicia, que foi recollido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

28/06/22 | 17:18

A Xunta avanza nos estudos para o deseño da proposta de novos puntos de depósito de material dragado para o litoral sur de Galicia

Portos de Galicia organizou unha xornada técnica na que participaron diversos departamentos da Administración autonómica e do Goberno central para afondar no coñecemento sobre o comportamento de especies protexidas como os cetáceos, un dos condicionantes para a habilitación de zonas de depósito

28/06/22 | 11:21

Portos lamenta a falla de implicación do Concello no mantemento da embarcación ‘Carmela’ que abocou a retirala do peirao de Burela por razóns de seguridade

O ente público lembra que a decisión de despezar a embarcación foi do seu propietario ao non dar froito as xestións coa Administración local e con outros organismos para buscar unha solución alternativa

20/06/22 | 12:05

A Xunta licita por máis de 400.000 euros as obras de acondicionamento das lonxas de Portosín e Porto do Son

Os traballos tamén inclúen melloras no edificio da confraría de pescadores de Porto do Son e céntranse na renovación das cubertas, o selado e pintado das súas fachadas así como dalgúns departamentos interiores

17/06/22 | 17:30

Portos de Galicia avanza no proceso para abrir 26 peiraos máis á pesca recreativa mediante acordo cos concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos cambios nas condicións xerais da normativa, aprobada o pasado mes de agosto, atendendo ás alegacións recibidas e á experiencia acumulada nos meses que leva en vigor

16/06/22 | 13:39

A Xunta licita por 340.000 euros a mellora da accesibilidade ao peirao de pasaxeiros e o acondicionamento da nave de redes do Porto de Bueu

A presidenta de Portos de Galicia subliña o esforzo inversor do ente público neste peirao, un dos de maior relevancia da provincia de Pontevedra

10/06/22 | 13:19

A Xunta saca a licitación a renovación da cuberta da lonxa de Muros por máis de 380.000 euros

Os interesados teñen de prazo ata o día 29 de xuño para presentar as súas ofertas para realizar uns traballos que consistirán na mellora das condicións de illamento e estanquidade do edificio

07/06/22 | 14:47

A Xunta solicita unidade aos grupos parlamentarios na defensa das competencias de Galicia en materia de litoral ante os continuos ataques do Goberno estatal

Susana Lenguas advirte da inxerencia xurídica que implica o informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre o Plan Especial de Cambados pois pretende aplicar a lei estatal de Costas no dominio público portuario transferido á comunidade autónoma

31/05/22 | 21:40

Rosa Quintana destaca o valor dos portos e do servizo de practicaxe na protección do mar

A titular de Mar agradeceu á organización que escollese a Vigo como sede do Congreso Anual de Prácticos de Porto e subliñou que é unha das capitais pesqueiras europeas por antonomasia

30/05/22 | 14:29

A Xunta axilizará os trámites do servizo de limpeza de todos os portos autonómicos cun contrato unificado por importe de 16,5 M€

Esta fórmula permite acurtar os prazos unha vez que se inicie a licitación e reduce o período de presentación de ofertas