Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

12/12/22 | 17:13

A Xunta salienta a importancia dos resultados das últimas investigacións para garantir a preservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O Goberno galego mantén o seu compromiso de conservar a biodiversidade e os recursos naturais deste espazo protexido facendo fronte aos principais riscos que encara como as especies exóticas invasoras, a contaminación e o cambio climático

12/12/22 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa defenderá en 2023 unha transición xusta e ordenada no marco do pacto verde europeo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron hoxe na reunión do padroado da FGE, no que se abordou o plan de actuacións desta entidade de cara a 2023

10/12/22 | 12:02 | Axencia de Turismo de Galicia
10/12/22 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica reforza este ano a súa loita contra o furtivismo cun aumento de inspeccións, rexistros e denuncias

Os axentes do Equipo de Resposta Policial, o Grupo ERPOL, en colaboración coa Consellería do Mar, tramitaron 1.229 denuncias e realizaron 1.658 rexistros de vehículos e 1.082 inspeccións, con 73 persoas investigadas ou detidas como resultado.

10/12/22 | 10:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta formará ao alumnado de 25 colexios galegos no respecto e no coidado do territorio grazas a unha nova edición de ‘Eu son inspect@r urbanístic@’

Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impartirá obradoiros e actividades lúdicas e pedagóxicas nos centros participantes

10/12/22 | 10:03

A Xunta repartiu xa preto de 20.000 composteiros domésticos para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos en Galicia

A día de hoxe son 440 as entidades adscritas a este programa, impulsado por Sogama hai máis dunha década e co que busca reducir a produción de residuos, minorar as emisións contaminantes e recuperar unha práctica tradicional no rural

09/12/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos beneficiaranse en 2023 con máis de 11 M€ do fondo de compensación ambiental da Xunta a prol da protección do medio natural

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou hoxe As Pontes de García Rodríguez, que dispón dun novo tractor para as brigadas ambientais ao abeiro desta liña de axudas
 

09/12/22 | 12:23

A Xunta concede axudas por 1,3 M€ para impulsar novos proxectos destinados á preparación para a reutilización e á reciclaxe de residuos téxtiles

O obxectivo é apoiar a pequenas e medianas empresas no impulso de instalacións que axuden a implantar a recollida separada destes residuos e a darlles unha segunda vida

08/12/22 | 10:47

A Xunta renova o mobiliario urbano do porto de Malpica con material ecolóxico procedente da reciclaxe de plásticos

Portos de Galicia substitúe os bancos da explanada portuaria por uns novos nos que un 10% da materia prima ten como orixe o lixo mariño, contribuíndo así á mellora do medio ambiente e á economía circular