Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

20/11/22 | 09:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria do programa ‘Territorio Cultura’, que eleva a preto de 1,3 M€ o investimento na dinamización do rural galego

O DOG publica as bases desta nova quenda de axudas, dotada con 661.000€ para continuar ampliando a oferta e o tecido culturais en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 hab/km2

18/11/22 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia as ‘Xornadas Florenciófilas’, que pechan en Valdeorras o ano das Letras dedicado á figura de Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura deste simposio que reunirá na comarca unha ducia de personalidades da cultura galega desde hoxe ata o domingo 20

18/11/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta repite como principal patrocinadora no 15º aniversario de Culturgal e reforza a súa vertente profesional

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades renova o seu compromiso co evento, no que achegará preto dunha trintena de actividades á súa programación

18/11/22 | 11:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha o vindeiro ano o observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

Servirá como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de diálogo entre as distintas administracións públicas e outras organizacións representativas con intereses na materia

17/11/22 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A V edición do Certame de Podcast ‘Xosé Mosquera Pérez' conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste concurso dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria para divulgar a lingua galega a través das novas tecnoloxías e promover a historia da radio en Galicia

16/11/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta afirma que a entrada de Ponte...nas Ondas! Na Unesco sería xusto e merecido

A proposta superou con éxito o informe previo para poder entrar no rexistro de boas prácticas e a decisión final se coñecerá a finais deste mes

16/11/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘A ollada de Gustav’ pon en valor a identidade e a tradición galegas nunha ducia de concellos dentro do programa da Xunta ‘Territorio Cultura’

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu en Mesía á inauguración dunha exposición arredor das fotografías e gravacións realizadas en Galicia durante os anos 60 polo antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen

15/11/22 | 19:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca a contribución de Fernández del Riego á lingua e literatura galegas

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro Con Pondal en Bergantiños, do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023

14/11/22 | 20:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega a Pontevedra a mostra ‘Compromiso na distancia’ coa que a Xunta homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán

A exposición sobre o autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas pode visitarse ata o 2 de decembro na Biblioteca Pública Antonio Odriozola

14/11/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha un proxecto piloto de biblioteca móbil en 10 concellos de Lugo

Está en trámite a adxudicación do contrato, cun orzamento de máis de 100.000 euros na provincia, e proximamente asinaranse os convenios coas administracións locais