Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

15/09/22 | 19:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese cos embaixadores de Lituania e Panamá en España para profundar nas relacións de Galicia con estes dous países

Trasladoulle á representante diplomática de Lituania as oportunidades que se presentan no ámbito das enerxías renovables, sectores tecnolóxicos e loxística portuaria
 

12/09/22 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende as demandas sobre o impulso do AVE Vigo-Porto e a saída sur de Vigo que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal proporá de cara ao próximo Cumio ibérico

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou esta mañá a sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que xa está a traballar en proxectos conxuntos para optar á nova convocatoria do POCTEP 2021-2027

05/09/22 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Europea selecciona o proxecto para implantar a FP dual transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte Portugal que conta co apoio da Xunta

A iniciativa, que tamén traballará a prol da homologación de títulos entre España e o país luso, vén de ser seleccionada a través do programa B-Solutions no marco da área de emprego e formación

28/08/22 | 11:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 6 M€ a proxectos de cooperación para o desenvolvemento

As convocatorias publicadas no primeiro semestre do ano permitirán o financiamento de 37 proxectos

08/08/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova web da Fundación Galicia Europa explica a participación de Galicia nos asuntos comunitarios

A oficina de Galicia en Bruxelas presenta un novo portal máis intuitivo e visual que tamén aborda as políticas europeas desde un punto de vista galego

29/07/22 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa no pleno da conferencia de asuntos relacionados coa UE (CARUE) para preparar a presidencia española do Consello en 2023

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, anunciou a elaboración dun documento que recollerá as principais prioridades de Galicia

15/07/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa analiza os novos retos da UE e a súa repercusión en Galicia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, explicou hoxe na reunión do Padroado da FGE as actuacións desenvolvidas pola entidade en 2021

12/07/22 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta intensifica en Lisboa a súa relación coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Lisboa co director xeral da Comunidade de Países de Lingua portuguesa (CPLP) , o embaixador Armindo de Brito Fernandes, e coa embaixadora de España en Portugal, Marta Betanzos, representante diplomática española ante a CPLP

08/07/22 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o seu apoio ao pobo de Ucraína cun novo proxecto de transporte de axuda humanitaria

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a presidenta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína, Natalia Afonina, asinaron hoxe o acordo de colaboración para o envío de produtos de primeira necesidade