Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

15/10/22 | 08:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda garante aos galegos do exterior que teñen as portas de Galicia abertas para retornar e emprender na terra das súas orixes

Convídaos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o Goberno galego para formarse, emprender ou asentarse na terra dos seus avós
 

14/10/22 | 08:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia e reedita o compromiso e o apoio da Xunta coas entidades do exterior

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular da Xunta, gabou o labor da emigración galega na Arxentina e da emigración arxentina en Galicia: “A historia con minúscula de miles de emigrantes fraguou a nosa Historia con maiúscula”, dixo perante un auditorio de 200 persoas
 

13/10/22 | 18:18 | A Presidencia da Xunta

Rueda garántelles ás empresas pesqueiras galegas na Arxentina reforzo na cooperación por parte da Xunta por tratarse dun sector estratéxico para Galicia

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Rueda salienta o benestar que xeran en ambas beiras do Atlántico estas empresas

12/10/22 | 10:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima á colectividade e ao empresariado galego no exterior a sumar sinerxías para seguir construíndo unha comunidade próspera e unida pola marca Galicia

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Alfonso Rueda quere estreitar lazos coa comunidade galega na Arxentina e no Uruguai, así como manter encontros cos representantes das empresas galegas que operan neses países, especialmente coas do sector pesqueiro

08/10/22 | 15:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Rueda dá a benvida a 250 novos beneficiarios das bolsas BEME que a Xunta pon en marcha para apoiar o retorno dos galegos no exterior e favorecer o seu asentamento en Galicia

Anima aos bolseiros a coñecer Galicia, “unha terra de oportunidades” e continuar a súa senda laboral na Comunidade unha vez rematada a formación

03/10/22 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior solicite as bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23