Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

15/11/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego

Agárdase vento de forza 7 e mar combinada con ondas que poden acadar na provincia da Coruña ata 7 metros

15/11/22 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel da innovación no ámbito da seguridade e a capacidade das empresas e centros de coñecemento da comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe en Pontevedra na inauguración do “IX Congreso Nacional de I+D en Defensa e Seguridade”

15/11/22 | 09:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia acolle o Congreso Anual de Responsables dos centros 112 de España

Trala obrigada interrupción a causa da covid, a Axencia Galega de Emerxencias encárgase de organizar esta edición do foro, que se celebra desde hoxe ata o xoves
 

14/11/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdase vento do suroeste que poderá superar forza 8 e mar combinada do sur ou suroeste rolando a noroeste con ondas de ata 6 metros

14/11/22 | 10:42 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 68 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

13/11/22 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio de emerxencias con UNICEF para facerlle fronte á crise humanitaria en Ucraína

O Goberno galego destina 30.000 euros para a adquisición e distribución de kits básicos de emerxencia e para a atención de partos, así como de subministracións nutricionais

12/11/22 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o encontro de voluntarios de protección civil da provincia de Pontevedra no marco do seu compromiso cos servizos de emerxencias locais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o subdirector de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, asistiron ao acto no que foron recoñecidos polo seu labor a prol destes colectivos

11/11/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia realizou na última década máis dun cento de exercicios de loita contra a contaminación mariña para testar os seus medios e optimizar a coordinación

O exercicio permitiu testar a capacidade de resposta dos medios galegos ante o risco de contaminación pola suposta colisión dun buque quimiqueiro cun pesqueiro
 

07/11/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a concellos da Coruña e de Ourense fronte ás nevadas coa dotación de material de emerxencia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega de oito esparexedores de sal que representan un investimento global de case 37.500 euros