Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

19/06/22 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de 3 ríos ao seu paso polo Concello de Rianxo

Estes traballos de mantemento están a desenvolverse en distintos treitos do río Té, no rego de Batán e no regato do Floxo, nas parroquias do Araño, Asados e Taragoña

15/06/22 | 13:13

Galicia pon a proba o plan de continxencias das Illas Atlánticas nun exercicio de loita contra a contaminación na costa de Sálvora

O suposto consiste na localización dunha mancha oleaxinosa na entrada da ría de Arousa que deu lugar á activación e coordinación de distintos plans de continxencia e ao despregue de medios de resposta estatais e autonómicos

09/06/22 | 12:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe o distintivo de “Ecoalbergue” para o seu novo centro de peregrinos “Juan Manuel López-Chaves” en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo celebrou a entrada do albergue vigués no proxecto “Camiño da Reciclaxe 2022” do Ano Xacobeo

08/06/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

O xardín Botánico de Lourizán será nomeado socio numerario da Asociación Ibero-Macaronésica de xardíns botánicos

O seu nomeamento farase efectivo mañá no XVI Congreso da asociación en Madrid, nun acto ao que asistirán o director do CIF de Lourizán e un do seus investigadores

06/06/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros felicita aos alumnos do CPR Santiago Apóstol polo seu recente galardón na terceira edición do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’

A representante do Goberno galego tamén tivo palabras de recoñecemento para os docentes polo seu labor de “concienciación desde a escola sobre un dos residuos máis contaminantes”

03/06/22 | 14:44

A Xunta activará este verán un visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas cartografadas ao detalle e descargables

Ángeles Vázquez enmarca o proxecto no auxe experimentado por este deporte nos últimos anos e como unha boa forma de facilitarlle aos cidadáns a posibilidade de coñecer a paisaxe de Galicia desde unha perspectiva diferente e sostible

31/05/22 | 14:28

A Xunta lanza unha nova edición da campaña 'Camiño da reciclaxe', que este ano chegará a 208 albergues galegos e incorpora a ruta portuguesa da costa

Ángeles Vázquez anima aos peregrinos a facer que este Xacobeo sexa tamén un ano “de récord” no que respecta aos datos de reciclaxe de residuos nos ecoalbergues

27/05/22 | 13:27

A Xunta advirte de que o prazo imposto polo Goberno central para implantar o contedor marrón nos concellos de máis de 5.000 habitantes é inasumible

Ángeles Vázquez subliña que mentres as entidades locais de toda a UE terán ata o 31 de decembro de 2023 para introducir a recollida da fracción orgánica, a nova Lei de residuos estatal reduce este prazo en ano e medio e prevé multas de ata 100.000 €

24/05/22 | 15:01 | A Presidencia da Xunta

Gabriel Alén participa na solta dun miñato na Serra da Enciña da Lastra para conmemorar o Día dos parques

O delegado territorial quixo pór en valor a importante diversidade biolóxica e paisaxística dos tres parques naturais da provincia