Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

18/04/22 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello de Coirós colaboran no impulso ao emprendemento e o investimento empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con Francisco Quintela, alcalde do municipio coruñés, que conta co distintivo de Concello Emprendedor

18/04/22 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas do programa Innovapeme para que as pemes e microempresas galegas aumenten a súa capacidade innovadora

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta liña de apoios á que destinará 2,8 millóns de euros

13/04/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á disposición das estacións de servizo galegas unha liña de financiamento para facer fronte ás rebaixas no prezo do combustible

A Xunta inclúe esta medida dentro do Plan de Choque que aprobou para facer fronte ao actual contexto económico porque o Goberno central vén de poñer en marcha ese desconto sen facilitar un mecanismo de pagamento deses adiantos

12/04/22 | 10:48

A Xunta amplía ata os 4,7M€ as axudas ao lecer nocturno polos peches de fin de ano para atender todas as solicitudes que cumpran requisitos

A Consellería de Emprego e Igualdade engadirá 1,2M€ á partida inicial de 3,5 millóns para chegar a todos os establecementos que cumpran coas condicións da orde

12/04/22 | 09:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta firma coas Sociedades de Garantía Recíproca os convenios para activar as liñas de financiamento que permiten ás gasolineiras facer fronte aos descontos que ofrecen aos seus clientes

Esta medida, enmarcada dentro do Plan de Choque autonómico, busca apoiar ás estacións de servizo galegas mentres non cobran os anticipos comprometidos polo Goberno central

10/04/22 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece formación online aos profesionais da marca Artesanía de Galicia

A Administración autonómica pon á súa disposición 105 prazas de formación especializada en márketing dixital, fotografía, deseño e presenza dixital, a través de cinco cursos que se desenvolverán entre abril e maio

09/04/22 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a posta en valor dos oficios artesanais en muros durante a Semana Santa

Artesanía de Galicia realizará entre o 11 e o 15 de abril tres obradoiros abertos a todos os públicos sobre bordado, estampaxe manual e pintura sobre madeira