Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

07/09/21 | 18:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa anuncia o compromiso da Xunta na mellora do pavillón de Fontecarmoa que acollerá o VI Torneo Encestarias ACB

É a primeira vez que os dous mellores equipos de Galicia enfróntanse nun dos torneos baloncestísticos máis importantes do verán

06/09/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito de audiencia do paso e remate de La Vuelta en Galicia e o seu retorno económico

As etapas galegas foron seguidas por preto de 4M de espectadores de RTVE

05/09/21 | 16:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca o escaparate que constituíu La Vuelta para o turismo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta asistiu hoxe en Padrón á corta da cinta da última etapa coa contrarreloxo que tamén pasa por Rois e Ames ata chegar a Santiago, onde se coñecerá o gañador desta edición

05/09/21 | 13:00

Ángeles Vázquez recibe ao pescador David Arcay tras gañar dúas medallas de bronce no mundial de salmónidos mosca de Finlandia

A conselleira agradece ao catro veces campión do mundo a súa implicación e esforzo por achegar ás novas xeracións de galegos os valores do mundo da pesca deportiva

04/09/21 | 21:30

A Xunta felicita aos gañadores da segunda edición da proba internacional Tripla Coroa Illas Atlánticas

Salienta a dureza da travesía a nado disputada hoxe entre a illa de Ons e Combarro e felicita á organización, aos colaboradores e aos 123 participantes por facer desta competición un gran escaparate internacional para Galicia e o Parque Nacional

04/09/21 | 14:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

A convocatoria das subvencións para equipamentos deportivos da Xunta acadará neste 2021 un total de 2,61 millóns de euros, catro veces máis que en 2020

No que respecta ao material sanitario, inclúese equipamento de seguridade e prevención inventariable no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura, etc.).

04/09/21 | 14:00

A Xunta colabora na VII Feira de caza, pesca e natureza con obradoiros e accións divulgativas sobre os valores naturais de Galicia e a importancia destas actividades

No marco deste evento a Consellería organiza sete talleres dirixidos aos nenos, un concurso de probas por parellas, unha exposición e varios contacontos

04/09/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Román Rodríguez, José González e Nava Castro asisten á etapa 20 de La Vuelta 21 que atravesa ás Rías Baixas

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, tamén asistiron a saída desde Sanxenxo e estarán esta tarde na chegada á meta en Mos, na penúltima etapa antes de que mañá a competición remate na praza do Obradoiro