Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

02/06/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación do derrubamento do inmoble onde se emprazará a futura residencia de maiores de Ribeira

O orzamento para esta actuación supera os 540.000 euros e poderanse presentar ofertas ata o 23 de xuño
 
O novo centro de atención a persoas maiores contará cun investimento de 10 millóns de euros, 100 prazas públicas de atención e converterase na primeira residencia en aplicar as innovación do novo modelo residencial
02/06/22 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia consolídase como unha das comunidades autonómicas con maior porcentaxe de persoas dependentes atendidas

A nosa Comunidade conta na actualidade con máis de 66.000 dependentes atendidos, o que sitúa a ratio de cobertura no 95%

02/06/22 | 10:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a contratación de 63 perceptores da Risga en doce concellos das bisbarras de Pontevedra e Caldas cunha achega de 906.000€

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta nova concesión, orientada a reforzar os servizos públicos e a garantir a inclusión social destas persoas desempregadas, tras unha reunión na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño

01/06/22 | 13:45 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede preto de 115.000 euros á mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol para financiar a unidade de atención temperá que xestiona a asociación Aspaneps

A asociación atendeu a un total de 158 nenos, con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos residentes nos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

01/06/22 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o compromiso cunha Galicia con máis e mellores servizos para todos os galegos “vivan onde vivan”

Incide en que a atención aos maiores é competencia de todas as administracións

29/05/22 | 15:36 | C. de Política Social e Igualdade
29/05/22 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 500.000 euros á posta en marcha de programas de voluntariado xuvenil e sénior

Farase a través de tres convocatorias de axudas destinadas a entidades de acción voluntaria e locais así como a entidades de carácter privado

28/05/22 | 20:10 | C. de Política Social e Igualdade