Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

09/12/20 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun Plan de voluntariado centrado no Xacobeo 2021

Feijóo resalta que a Comunidade conta con 1.053 entidades de acción voluntaria rexistradas e 44.658 voluntarios que participan nas súas actividades

09/12/20 | 10:53 | C. de Política Social e Igualdade

Aberta a inscrición para participar nunha nova edición da competición de debate Parlamento Xove

Os centros escolares e os grupos universitarios interesados teñen de prazo ata o vindeiro 15 de xaneiro para anotarse

04/12/20 | 18:33 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Lugo acolle o encontro internacional 'Xuventude é Camiño' do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta

O evento, organizado por Vida Láctea e dirixido á mocidade xacobea, celebrarase na cidade da muralla e tamén se poderá seguir en liña os días 12 e 13 de decembro

30/11/20 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social inicia esta semana unha campaña a pé de rúa para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado

Baixo o lema ‘O voluntariado non para’, unha furgoneta-plató móbil percorrerá a partir do vindeiro venres as sete cidades galegas para facer entrevistas a persoas voluntarias e achegar información sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

29/11/20 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social premia o talento das mozas e mozos que participaron na categoría de videocreación de Xuventude Crea

O primeiro premio foi para Carlota Álvarez, do Porriño, pola obra ‘Zafirada’; o segundo, para ‘Raíces’ de Luis Xavier do Rego, de Santiago; e o terceiro compárteno os coruñeses Hugo Vales con ‘O fin dos nosos días’ e Andrés Sanjurjo con ‘Sen título’.

26/11/20 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promociona novos talentos no ámbito da moda e do deseño de xoias a través do programa Xuventude Crea

En Moda o primeiro premio foi para Ana María Vázquez Fernández, de Cambre, coa obra ‘Hand(some)’

21/11/20 | 19:05 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social recoñece o talento na cociña de mozas e mozos galegos a través do programa Xuventude Crea 2020

O primeiro premio foi para Shewit Pérez Izaguirre Martínez, o segundo para Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, e o terceiro para Javier Lojo

20/11/20 | 20:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia os mellores videoxogos feitos por mozas e mozos na primeira edición desta categoría no Xuventude Crea 2020

Fabián Ezequiel Farías González e Carla Bolaños Blanco fixéronse co primeiro posto do certame coa creación ‘Odal’