Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

06/10/21 | 13:40

A Xunta valora o papel chave da venda dixital dos produtos do mar na competitividade do sector durante a pandemia da covid-19

Os ciclos curtos de produción e comercialización con escasa pegada de carbono grazas ao comercio de proximidade e as novas formas de loxística e das cadeas de subministro son outros factores que contribuíron a manter a actividade do sector marítimo-pesqueiro e que destacou a titular de Mar

06/10/21 | 11:32

A Xunta anima ás empresas galegas do sector do mar a apostar pola busca de novos mercados para impulsar a recuperación económica trala pandemia da covid-19

O Executivo galego lembra que a Galicia pesqueira foi capaz de repensar os seus modelos de negocio, mellorar a resposta ás demandas do mercado e fortalecer a resiliencia dos seus mercados durante a alerta sanitaria

05/10/21 | 16:23

A Xunta traballa na mellora constante dos peiraos galegos e aposta polos avances fronte ao inmobilismo defendido desde algúns sectores

A representante do Executivo autonómico destaca as medidas ambientais impulsadas polo ente público para potenciar os portos verdes e azuis e non permitir en pleno século XXI a pasividade ante potenciais danos ambientais

05/10/21 | 14:21

Feijóo celebra o regreso de Conxemar como escaparate internacional único para amosar o potencial dos produtos do mar de Galicia

Subliña que a comunidade supera xa as 600.000 toneladas de produtos do mar exportados por valor de 2.200 millóns de euros e refírese ao incremento do valor engadido como clave para encarar o futuro

05/10/21 | 11:41

Galicia avalía o impacto do Brexit no seu sector marítimo-pesqueiro e busca argumentos e alianzas para paliar os seus efectos

A comunidade está a ultimar un informe de cara á determinación dos Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas en augas compartidas co Reino Unido en 2022 e lembra que o modelo empregado para fixar as deste ano é un mal precedente pois só tivo en conta as recomendacións científicas e non os aspectos socioeconómicos

04/10/21 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra informa dos vindeiros investimentos no Concello do Grove por máis de 1 M€

O delegado territorial, Luis López, preside este encontro mensual cos responsables territoriais das consellerías, que se celebrou na confraría de pescadores e que tivo lugar de xeito itinerante por terceira vez tras os celebrados en Oia e Covelo

04/10/21 | 12:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo defende a dieta atlántica rica en produtos do mar como o mellor xeito de impulsar unha alimentación de futuro saudable e sostible

Refírese ao valor do mar como fonte de benestar e incide na necesidade de fomentar a concienciación e difusión sobre a importancia do consumo destes produtos

30/09/21 | 15:05

A Xunta apoia a formación de catro titulados en ciclos de acuicultura para facilitar a súa entrada ao mercado laboral

Esta acción desenvólvese a través de catro bolsas formativas no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), que contan cun orzamento de máis de 93.000 euros e implican que os beneficiarios realicen prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos

30/09/21 | 11:51

Luis López anima a consumir produtos galegos do mar nas "Xornadas Marisqueiras" organizadas por Emgrobes no mes de outubro no Grove

O delegado territorial, acompañado do alcalde do Grove, José Cacabelos, do presidente da entidade, José Besada, e doutros integrantes, participou esta mañá na presentación desta exaltación gastronómica, que conta co apoio económico e loxístico da Xunta de Galicia