Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

08/02/22 | 13:48

A Xunta activa a central de reservas para poder visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas en Semana Santa

As persoas interesadas en viaxar aos arquipélagos de Cíes e Ons neste período xa poden solicitar a correspondente autorización de forma telemática e gratuíta, un requisito imprescindible para poder comprar o billete e acceder ao espazo natural

08/02/22 | 12:32

A Xunta iniciará a vindeira semana a tramitación da primeira Lei do clima de Galicia

Un dos obxectivos desta norma é recoñecer o clima como suxeito de dereito e tamén acelerar o camiño, iniciado pola Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, para garantir a preservación dos recursos naturais

07/02/22 | 15:08

Ángeles Vázquez subliña a aposta pola reciclaxe do concello de Outeiro de Rei cun novo espazo municipal de autorreparación, financiado nun 80% pola Xunta

Trátase dun espazo que permitirá recuperar utensilios depositados no punto limpo municipal, localizado ao carón da nave e con acceso directo á mesma, ou obxectos que outras persoas acheguen á instalación para intercambialos por outros do seu interese

07/02/22 | 12:28

A Xunta apoia a ampliación do servizo da recollida de residuos urbanos das Nogais, cunha axuda de case 70.000 euros para a adquisición dun punto verde móbil

Os máis de 1.000 veciños deste concello lucense xa poden depositar no camión recolector enxoval en desuso, electrodomésticos, baterías ou pilas, aos que se lles dará un tratamento axeitado

01/02/22 | 13:14

Xaneiro remata como o primeiro mes do ano máis seco da última década, con máis de vinte xornadas anticiclónicas continuadas

As altas presións entraron o día 10 desde o sur e quedaron instaladas ao norte da península Ibérica, con apenas variacións que impediron a chegada de borrascas desde o Atlántico

01/02/22 | 12:32

A Xunta anima a concellos e xestores a solicitar as axudas para a xestión dos biorresiduos e os residuos urbanos especiais ás que destina 18,7 M€

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda amplía o prazo para a presentación de proxectos ata o 22 de febreiro

29/01/22 | 11:12

A Xunta establece sinerxías con El Hierro para intercambiar experiencias sobre as Cíes e a illa canaria

Ambos destinos foron nomeados e recomendados recentemente polo xornal The New York Times como lugares sostibles para visitar

29/01/22 | 10:45

A Xunta avanza a Mos que disporá proximamente de axudas para construír novas vivendas protexidas como as que quere habilitar en Petelos

Ángeles Vázquez avánzalle á rexedora que colaborará tecnicamente co Concello no desenvolvemento dun proxecto residencial no solo urbano das Pozas co obxectivo de atraer a familias mozas

29/01/22 | 10:41

A Xunta colaborará co concello de Marín no estudo das necesidades de nova vivenda protexida do municipio

Ángeles Vázquez subliña a oportunidade que suporán as axudas autonómicas para reforzar o actual parque público residencial e anima á administración local a aproveitalas para impulsar promocións dirixidas aos mozos e onde haxa maior demanda
 

26/01/22 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Bóveda na posta en servizo dun punto limpo móbil cunha axuda de 57.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego concedeu achegas por valor total de 1,1 M€ nos dous últimos anos para mellorar a xestión de residuos en 31 municipios da provincia