Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata e entrega as obras de urbanización da primeira fase do polígono de Morás ao Concello de Arteixo
O delegado da Xunta lembrou que o orzamento para o remate desta primeira fase foi de 3,6 millóns de euros e afectou a unha superficie de 554.002 metros cadrados
Xunta e Confederación de Empresarios colaborarán para difundir a actual oferta de solo industrial en Galicia a prezos bonificados
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da patronal, Juan Manuel Vieites, reuníronse hoxe para falar da superficie dispoñible nos polígonos xestionados pola Xunta e das facilidades á disposición das empresas interesadas en asentarse neles
Feijóo anima aos concellos a conceder licenzas exprés para seguir atraendo investimentos á Comunidade
Salienta que a nova lei de reactivación económica terá como obxectivo fundamental a simplificación dos procesos administrativos para, garantindo a seguridade xurídica, mandar unha mensaxe de confianza aos inversores e de competitividade da nosa economía
A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Goberno para colaborar nos problemas industriais provocados en Galicia pola falta dunha transición enerxética xusta
Conde lembra que, no caso concreto da central das Pontes, a Xunta segue apoiando o uso de biocombustibles para que sexa viable economicamente
Galicia impulsa da man de 30 empresas e centros tecnolóxicos o Polo para a transformación de Galicia, con oito proxectos que optan aos fondos europeos
Feijóo salienta que os proxectos acadan un investimento público-privado de 3.000 millóns de euros, coa creación de 30.000 empregos
Conde aborda co Club Empresarial e Executivo de Galicia a necesidade de consolidar o tecido empresarial para favorecer a reactivación económica
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co presidente da nova entidade, Mario Barcenilla
Galicia lidera a caída do paro no Estado e rexistra un aumento da contratación indefinida con respecto a decembro
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado, que só descende en Baleares e na comunidade galega na comparativa mensual, mentres que no Estado aumenta
A Xunta reclámalle ao Goberno carga de traballo a curto prazo para Navantia e executar os investimentos do Estaleiro 4.0
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ferrol (Cofer)
A Xunta mantén o seu compromiso de colaborar na solución e reclama a Endesa que traballe na viabilidade económica e ao Goberno que non autorice o peche da central
Lamenta a decisión unilateral de Endesa, á que lembra que debe seguir pensando no futuro das Pontes tras coñecerse que as conclusións do comité técnico avalan que o uso de biocombustibles garante que a planta é viable desde o punto de vista técnico e medioambiental
A Xunta destinará 8 millóns de euros para bonificar a compra de 1,4 millóns de metros cadrados dispoñibles nos seus parques empresariais
Feijóo avanza que, como novidade, establécese tamén o acceso ás parcelas na modalidade de aluguer: “O obxectivo é que dean cabida a instalacións non permanentes”, precisa