Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

02/06/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para a dixitalización do tecido produtivo, prestando especial atención a pemes do sector téxtil, a automoción e o naval

Desde hoxe está aberto o prazo de presentación de solicitudes para esta iniciativa á que o Goberno galego destina 7,4 millóns de euros

01/06/21 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o espírito emprendedor do Concello da Laracha, que dá a benvida a Unifersa ao seu polígono empresarial

A empresa especializada en ferraxería contará cunha parcela de 42.000 m2 para lograr unha maior operatividade loxística

31/05/21 | 12:05 | C. de Economía e Industria

Galicia destina 12M€ a unha iniciativa para axudar a 15.000 pemes e microempresas a investir en innovación

A Xunta porá o foco nas empresas con potencial para innovar que aínda non o fixeron e naquelas situadas en núcleos non urbanos

26/05/21 | 15:04 | C. de Economía e Industria

Galicia, unha das comunidades españolas que en 2019 logrou superar os niveis de investimento en I+D previos á crise

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Madrid á presentación do Anuario 2021 da Fundación Cotec no que se recolle o informe realizado polo seu Observatorio

26/05/21 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca identificar proxectos de hidróxeno verde para liderar o despegue desta tecnoloxía

O Goberno galego convoca unha convocatoria de manifestación de interese dirixida a iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable

26/05/21 | 11:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que as iniciativas participantes en Viagalicia evidencian a calidade do emprendemento galego e a súa aposta pola transformación dixital

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no Porto do Molle de Nigrán na xornada de presentación a investidores dos nove proxectos impulsados na sexta edición desta aceleradora promovida polo Goberno galego

25/05/21 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)

Este programa educativo −que actualmente está implantado en 38 centros− inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación

24/05/21 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A aceleradora Cologistics, apoiada pola Xunta de Galicia, permitirá que 20 proxectos de emprendemento contribúan a mellorar as capacidades loxísticas da eurorrexión

Conde destaca a necesidade de proxectos e solucións innovadoras para mellorar a eficiencia deste sector que ten que xogar un papel clave na reactivación económica, na captación de fondos europeos e en facer fronte ao reto da transformación dixital

20/05/21 | 15:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de emprego

Explicou que é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada

18/05/21 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación destaca a importancia para a intelixencia artificial en Galicia da nova sala do Citic na Coruña

Salienta o apoio da Xunta á carreira investigadora, cun investimento de 40M€ en contratos pre e posdoutorais, centros de investigación e retención do talento