Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta consolida o seu apoio á creación emerxente na XII edición do ‘Encontro de artistas novos’ que reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia
Dirixido por Rafael Doctor, o ‘EAN’ ofrécelles a oportunidade de amosar o seu proxecto artístico, establecer sinerxías e aprender de nomes como Ana Esmith (Miss Beige), Tono Arias, Beatriz Lobo ou Miguel Scheroff, que participan este ano como relatores
Ángeles Vázquez aposta polos festivais como un escenario idóneo para promover prácticas sostibles
Durante toda a xornada están previstas accións divulgativas en materia de residuos, o reparto de merchandising entre os asistentes e a celebración de xogos e actividades lúdicas sobre como reciclar con xeito ou mesmo aprender a compostar restos orgánicos
A Xunta activa un novo fondo de 1,3 M€ en axudas para impulsar a innovación e a competitividade da industria cultural galega
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas subvencións para a adquisición de equipación por parte de empresas privadas e traballadores autónomos do sector, que poderán solicitalas ata o 25 de outubro
Arranca en Folgoso do Courel o festival dos Eidos co apoio da Xunta para a súa programación musical
Resultou adxudicatario, por segundo ano consecutivo, dunha das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música, a través das que este ano se distribúen 350.000 euros entre 21 encontros
O Gaiás despide con preto de 30.000 visitas a mostra ‘Obxectos de desexo’ organizada pola Xunta, a Fundación ”la Caixa” e o Vitra Design Museum
O Museo Gaiás exhibe ata o domingo 280 pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías de Man Ray, Dalí, Gaudí, Le Corbusier, De Chirico ou Meret Oppenheim entre outros
A Xunta impulsa catro concertos de Amancio Prada en espazos monumentais cun repertorio decidado á figura de Rosalía de Castro
O compositor abrirá o ciclo este sábado na igrexa de San Martiño Pinario de Santiago e continuará o domingo no mosteiro de Armenteira de Meis
As feiras do libro pechan a edición de 2022 cun incremento no número de vendas e participantes
O circuíto impulsado polo Goberno galego e a Federación de Librarías de Galicia involucrou a un total de 90 librarías, un 26% máis que o pasado ano
Fernández-Tapias: “O concerto de C. Tangana foi un éxito absoluto e o Xacobeo aínda ten reservadas outras grandes actuacións en Vigo”
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a actuación ofrecida este martes: “Tivemos a sorte de desfrutar dun espectáculo único nun lugar moi especial”
A música galega prepara o seu desembarco no Womex de Lisboa co apoio da Xunta
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu á cantautora Sheila Patricia con motivo da súa selección dentro do programa oficial da 28ª Worldwide Music Expo na capital portuguesa, onde viaxará coa colaboración do Goberno galego
A Xunta promove 22 actuacións en 14 concellos de Lugo na última quincena do ciclo Cultura no Camiño
Apoia a dinamización cultural dos municipios polos que transcorren as rutas xacobeas asumindo o 50% do investimento de cada espectáculo