Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

01/02/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Xacobeo Next Generation investirá na provincia de Pontevedra 15,2M€ no impulso da actividade turística ao redor do Camiño

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as Torres de Oeste de Catoira, un dos 12 Bens de Interese Cultural (BIC) nos que se levarán a cabo actuacións de rehabilitación, ao abeiro dos 22,7M€ concedidos a Galicia para estas melloras dentro do Plan Xacobeo Next Generation

01/02/22 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a recuperación do 99% da demanda turística prepandemia nos apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural

Con preto de 588.000 viaxeiros e case 1,9 millóns de noites no conxunto, os establecementos extrahoteleiros demostraron ser a tipoloxía de aloxamento con mellor recuperación da súa demanda en Galicia.

31/01/22 | 13:09

A Xunta impulsará a formación e profesionalización do sector da hostalería e o turismo durante o Xacobeo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia na que abordaron este novo marco de colaboración

31/01/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o equipo de ciclismo feminino Team Farto e aposta polo turismo deportivo e de natureza

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á presentación da aliñación do primeiro equipo ciclista profesional feminino de Galicia, que neste 2022 competirá por segundo ano consecutivo na división profesional europea UCI Continental

28/01/22 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso coa instalación de novo mobiliario urbán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo alcalde e parte da corporación municipal, visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

28/01/22 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca o alto impacto da promoción do Xacobeo 21-22 no ámbito nacional e internacional

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia par dar conta dun primeiro balance das accións e iniciativas promocionais levadas adiante en 2021 para darlle visibilidade á celebración do Ano Santo

26/01/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña e o Plan Xacobeo Next Generation permitirán inxectar 85,8 M€ no turismo para avanzar na consolidación do sector en pleno Ano Santo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, salientou no Foro Finisterrae a importancia dos fondos europeos para que o 2022 sexa “o ano grande de Galicia” da man do Xacobeo

25/01/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 1M€ ao Plan de Sustentabilidade Turística da Mariña para impulsar unha oferta máis innovadora e competitiva

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación deste proxecto, baseado en accións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial

25/01/22 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os hoteis galegos triplicaron en decembro o volume de noites rexistradas no mesmo período do ano pasado

Estes establecementos turísticos incrementaron case nun 90% o volume de viaxeiros rexistrados no conxunto do ano pasado fronte ás cifras de 2020