Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia apoiou con preto de 11 millóns de euros desde 2016 máis de 300 proxectos para equipar e modernizar as lonxas e portos
Susana Rodríguez expuxo que boa parte destas iniciativas se desenvolveron grazas ás convocatorias de axudas que realiza anualmente a Consellería do Mar co obxectivo de mellorar a calidade e trazabilidade dos produtos desembarcados, aumentar a eficiencia enerxética, contribuír á protección do medio ambiente e mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos pescadores
A Xunta apoia aos mariscadores do Burgo nas súas demandas e lembra que é o Goberno central como promotor da dragaxe quen debe executar as compensacións
O Executivo galego censura o inmobilismo e as reticencias da Administración estatal a facerse cargo das indemnizacións aos profesionais do marisqueo malia ser a súa competencia exclusiva, tal como acredita un informe independente elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela
A Xunta enxalza e promociona en Gourmets a riqueza e a calidade dos produtos galegos do agro e do mar
Ata 61 empresas participan, baixo o paraugas de promoción da Xunta, neste evento de referencia para os produtos delicatessen a nivel europeo
Galicia e Cataluña colaboran no estudo das fontes de ruído submariño dentro do proxecto Silencio
O obxectivo desta iniciativa é ampliar o coñecemento existente sobre o ruído mariño nas zonas de importante actividade pesqueira e establecer as bases para minimizalo
A Xunta chama en Cangas a seguir a traballar na seguridade laboral a bordo dos barcos de pesca
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, subiuse hoxe a un buque no porto de Cangas para participar nunha xornada preventiva na que quixo chamar a atención da necesidade de mellorar a prevención e a protección da saúde no mar
A Xunta ve clave proxectos como os 'Bolechas e o mar' para trasladar ás novas xeracións o valor da pesca
Trátase dunha iniciativa promovida pola Fundación Expomar ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e financiada pola Xunta con preto de 15.000 euros no marco das axudas de 2021 destinadas aos proxectos dos GALP
Galicia avoga por ser parte activa no debate da reforma da Política Pesqueira Común
A comunidade galega ofreceuse a acoller o evento que a CRPM ten previsto celebrar na primavera de 2022 para intercambiar puntos de vista sobre a folla de ruta da pesca europea
A Xunta promocionará os produtos galegos do agro e do mar na 34ª edición do Salón Gourmets de Madrid
Un total de 61 empresas galegas participarán nesta nova edición do principal evento europeo dedicado aos produtos delicatessen de referencia para os profesionais da industria da alimentación, das bebidas e da gastronomía
A Xunta promociona os produtos do mar na feira alemá Anuga coa campaña 'GALICIA SABE AMAR'
O posto co que a Consellería do Mar está presente neste evento alberga a nove empresas da cadea mar-industria
Galicia e Uruguai buscan reforzar lazos comerciais no ámbito marítimo-pesqueiro
A conselleira do Mar reuniuse no marco da feira Conxemar co cónsul xeral de Uruguai en Galicia e co vicepresidente da Administración Nacional de Portos de Uruguai