Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

19/06/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil coa entrega de 8 vehículos todocamiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste material cedido aos concellos de Carballo, Arteixo, Fene, Allariz, Vilar de Barrio, Cuntis, Vilanova de Arousa e á Mancomunidade do Ribeiro

16/06/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de equipamento do novo GES da Veiga coa entrega dun camión destinado a todo tipo de emerxencias

O investimento no funcionamento dos GES acada os 4,8 millóns este ano, aos que se suma o apoio en equipamento que nos últimos anos supuxo case 20 millóns de euros cedidos aos concellos galegos

16/06/21 | 08:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por tormentas e choiva nas provincias de Ourense e Lugo

A partir das 12 horas de hoxe, activase a alerta de nivel laranxa no centro, montaña e sur da provincia de Lugo e no sur, montaña e nas zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense

15/06/21 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Protección Civil aproba por unanimidade a revisión do Plan de salvamento en praias de Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron na reunión na que se actualizou este plan que fixa a coordinación ante emerxencias dos servizos de prevención e emerxencias

14/06/21 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/06/21 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanece activo o incendio do municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño, parroquia de Uma, que tamén afecta as localidades veciñas de Mondariz e Covelo e que rolda as 200 ha

13/06/21 | 10:02 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Permanece activo un incendio declarado no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño, parroquia de Uma, que tamén afecta a localidade veciña de Mondariz e que rolda as 180 ha

12/06/21 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Permanece activo o incendio do concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que rolda as 70 hectáreas

12/06/21 | 14:09 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanece activo o incendio do concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que rolda as 50 hectáreas

12/06/21 | 12:50 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Tamén permanece activo un lume no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas