Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

16/03/22 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza a construción do novo instituto de Navia, cun investimento de preto de 12M€ e capacidade para arredor de 700 alumnos

Co fin e axilizar os trámites e proceder canto antes á licitación, o Goberno galego proponlle ao Concello a colaboración para a cesión de terreos e garantía de permisos municipais

15/03/22 | 20:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ampliará a súa rede de escolas infantís coa apertura en setembro do novo centro da Guarda, que ofrecerá 41 prazas para nenos de 0 a 3 anos

Trala entrada en funcionamento deste novo recurso de conciliación serán máis de 200 os pertencentes á rede pública autonómica

15/03/22 | 16:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta garante a escolarización inmediata dos nenos ucraínos en idade escolar acollidos en Galicia

 A Consellería de Educación envía unha resolución aos centros coa habilitación dun procedemento extraordinario de incorporación ás aulas deste alumnado
Garantiranse os servizos gratuítos de transporte, comedor e o material escolar necesario

14/03/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 90 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

O obxectivo é avanzar na mellora do sistema educativo a través da formación permanente dos seus docentes

13/03/22 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos participantes no I Torneo Internacional de Debate a coñecer o potencial do rural galego

Inés Santé trasladoulles os pasos que está dando a Consellería do Medio Rural a través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para poñer en valor terra produtiva que a día de hoxe se atopa en estado de abandono ou infrautilizada

13/03/22 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Convocadas as axudas complementarias do programa Erasmus+ para estadías no estranxeiro do alumnado de ensinanzas artísticas superiores

A contía mensual oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

12/03/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
11/03/22 | 19:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia unha nova Lei galega de educación para as persoas adultas que responda á necesidade de formación ao longo da vida

Aproveitaranse as novas tecnoloxías para flexibilizar e ampliar o acceso aos recursos educativos para este colectivo e prestarase especial atención á FP e ás competencias en linguas estranxeiras

11/03/22 | 13:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aneiros celebra o inminente convenio entre Xunta e Concello de Ares que permitirá a ampliación do CPI As Mirandas

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto co alcalde, visitou esta mañá o colexio, no que a Consellería de Educación vai acometer unha obra para dotalo de novos espazos educativos

10/03/22 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 208 centros de toda Galicia participarán este curso na nova edición do ‘Navega con rumbo’ para promover o uso responsable de internet

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia colaboran no desenvolvemento desta iniciativa