Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/09/22 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura transforma as Hejduk nun estudio artístico no que a creadora Lúa Gándara recibirá e agasallará ao público cunha obra orixinal

‘A porta aberta’ é unha intervención artística e vivencial sobre este espazo do Gaiás, onde a artista galega traballará durante un mes, amosando o seu proceso de creación e conversando coas persoas visitantes nun lugar aberto á participación
 

01/09/22 | 14:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo ‘Cultura no Camiño’ da Xunta entra na recta final da súa 10ª edición con 53 actuacións artísticas ata o 10 de setembro

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade impulsa este programa de exhibición, que se desenvolve desde mediados de xullo en 88 concellos para ofrecer 298 funcións escénicas e concertos a cargo de máis 130 formacións galegas
 

01/09/22 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Festival Internacional de Cinema de Bueu nunha 15ª edición con nova imaxe e estrutura

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de presentación do certame, que se desenvolverá entre os vindeiros días 11 e o 24

01/09/22 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos da Xunta no xacemento de proendos sacan á luz a superficie completa dun hórreo romano

A escavación sitúao como un lugar clave para comprender a chegada do imperio romano ao noroeste peninsular e a articulación da paisaxe agrícola da Ribeira Sacra

01/09/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor anima aos veciños e visitantes da Costa da Morte a asistir ao espectáculo de Susana Seivane, este venres en Cee, incluído nos Concertos do Xacobeo

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na presentación deste concerto, acompañado pola artista Susana Seivane, que se celebrará na praza do Concello a partir das 22.00 horas

31/08/22 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias valora a “orixinalidade” do Barbeira Season na apertura do festival en Baiona cun “concerto sorpresa nun hotel artístico”

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este mércores a apertura da nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará ata o 4 de setembro
 

31/08/22 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ‘Camiño Escena Norte’ volve percorrer Galicia co apoio da Xunta para unha cuarta edición que medra en número de sedes e compañías

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación desta iniciativa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria, País Vasco e, por primeira vez este ano, Navarra
 

31/08/22 | 11:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con 150.000 euros a temporada lírica da Coruña para a 70ª edición que abre mañá a soprano Asmik Grigorian

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Coruña, Gonzalo Trenor, reuníronse cos representantes da directiva da Asociación Amigos de la Ópera para valorar a colaboración deste ano no marco do Xacobeo 2021-2022

30/08/22 | 12:48 | Secretaría Xeral de Emigración

As cores da artesanía galega locen no mundo pola arte dunha retornada apoiada pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, coñeceron hoxe a iniciativa dunha retornada do Reino Unido que crea vidreiras e recibiu 8.000 euros a través das axudas de emprendemento deste departamento autonómico

29/08/22 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación de Lugo acolle a presentación do ciclo Revenidas, no marco dos Concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que celebrarase en Ribadeo e Lugo ademais de en Celanova