Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

14/02/22 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial do Camiño de Santiago como reclamo para descubrir a gastronomía galega

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu ao chef Martin Berasategui que co seu percorrido por varias etapas do Camiño de Santiago se converta no mellor embaixador na promoción a ruta neste Xacobeo e tamén para dar a coñecer a calidade da cociña galega

12/02/22 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 252.000 euros a axudas para mellorar 26 establecementos turísticos da provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que está aberta unha nova convocatoria de apoios para renovar e modernizar instalacións e equipamento en restaurantes e aloxamentos

11/02/22 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará con 1 M€ a mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes no marco do Plan Camiña

O Goberno galego pretende fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos dos municipios galegos co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais

11/02/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de retomar a celebración dos congresos presenciais que axudan a coñecer Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Encontro Empresarios Católicos que acollerá Santiago de Compostela os días 31 de marzo e 1 de abril.

10/02/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña mantén a aposta pola modernización de aloxamentos e restaurantes na liña das axudas que no 2021 beneficiaron a 18 establecementos ourensáns

A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe un dos establecementos que se beneficiaron da convocatoria do ano pasado dunha liña de axudas que ten como obxectivo reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cunha oferta competitiva

08/02/22 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de Ferrol

A cidade contará este ano co seu primeiro albergue de peregrinos no que o Goberno galego investirá 467.000 euros

07/02/22 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 2M€ á orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o hotel La Noyesa do Grove, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas

04/02/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará unha nova edición de 'O teu Xacobeo' para impulsar en toda Galicia proxectos relacionados co Ano Santo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Ferrol que está prevista a publicación a finais de mes da terceira convocatoria á que o Goberno galego destinará 1,5M€

02/02/22 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora a cooperación transfronteiriza con Portugal como piar de desenvolvemento turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na apertura oficial da nova oficina de información e turismo de Tui

02/02/22 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coloca unha mouteira no quilómetro 100 do Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade de Lugo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou un dos elementos máis representativos do Camiño na ruta xacobea máis antiga, que se suma aos fitos colocados noutros lugares de Galicia, España e o estranxeiro