Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

07/07/22 | 16:55 | C. de Política Social e Igualdade

A residencia de maiores Torrente Ballester da Xunta, recoñecida como un dos centros sociosanitarios con mellor equipo de enfermería

O centro público autonómico foi recoñecido polo ranking do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) durante o período 2020/2021, nos momentos máis duros da pande-mia provocada pola covid-19

06/07/22 | 13:59 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Palas de Rei colaborarán na substitución integral da cuberta do Centro de Saúde

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Palas de Rei veñen de asinar un convenio ao que destinarán máis de 155.000 euros, para a reforma do centro de saúde deste municipio

06/07/22 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta aposta polo fomento do exercicio físico en persoas maiores de 60 anos a través do programa “Adestra a túa saúde”

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron hoxe cos alcaldes de Abegondo e Arteixo o protocolo para realizar este programa de maneira experimental nos seus concellos
 
A iniciativa pretende mellorar a calidade destas persoas a través da coordinación entre o persoal dos centros de saúde, a figura do promotor do exercicio físico e os servizos deportivos dos municipios
06/07/22 | 11:20 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.858 casos activos por coronavirus

Un total de 634.811 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 15.000 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
05/07/22 | 11:51 | C. de Sanidade

A Xunta incide en que o Goberno central ten ‘a chave’ para resolver o problema de déficit de especialistas que afecta a todos os servizos de saúde de España

O conselleiro de Sanidade explicou que o manifesto remitido onte, xunto coa conselleira de saúde vasca, e ao que xa se teñen sumado Cataluña ou Andalucía, responde á urxente necesidade de medidas estatais

05/07/22 | 10:50 | C. de Sanidade

A Xunta situará a taxa de temporalidade na sanidade pública por debaixo do 4%

A oferta de 2.568 prazas de estabilización para persoal do sistema sanitario publicouse no Diario Oficial de Galicia de 30 de maio e as 230 prazas de concurso-oposición de enfermería xa se incorporaron á convocatoria en marcha

04/07/22 | 14:17 | C. de Sanidade

Galicia e Euskadi propoñen ao Goberno central medidas de choque urxentes para a incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria

Julio García Comesaña e Gotzone Sagardui, consideran que é necesario adoptar un compromiso conxunto para sacar adiante co máximo consenso as medidas de competencia estatal que teñen a chave para solucionar esta situación

04/07/22 | 10:56 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.490 casos activos por coronavirus

Un total de 632.956 pacientes xa están curados

03/07/22 | 11:47 | C. de Sanidade

Recoñecemento internacional para a investigación do Sergas dirixida a minimizar os efectos nocivos da exposición á radiación

O Servizo Galego de Saúde, a través do Servizo de Radiofísica e Protección Radiolóxica da empresa pública de servizos sanitarios Galaria, acaba de ser premiado nun congreso internacional, dentro do proxecto europeo SINFONIA

02/07/22 | 13:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que as UCIS dos hospitais galegos incrementarán os boxes individualizados para garantir a seguridade e a intimidade dos pacientes

Salienta que a política de humanización das UCIS, implantada xa nos novos hospitais de Lugo e Vigo e agora tamén no de Santiago, vaise estender aos da Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra no marco das respectivas obras de mellora