Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

05/11/21 | 13:21

A Xunta salienta a importancia de promocionar os produtos do mar en eventos como Xantar para impulsar os seus prezos e a actividade do sector

A titular de Mar asegura que a comunidade está a facer un bo traballo neste eido, pero defende a necesidade de insistir nesta estratexia para que as bondades dos produtos pesqueiros de Galicia sexan coñecidos de xeito global e as empresas do sector conten con amplas posibilidades para diversificar o seu negocio

04/11/21 | 19:05

Os grupos de acción local do sector pesqueiro galegos impulsan 144 novos proxectos que mobilizarán preto de 15 millóns de euros de investimento

O Executivo galego destina máis de 7,5 millóns de euros ás iniciativas aprobadas na convocatoria deste ano de axudas aos GALP, aos cales se suman máis de 7,3 millóns de investimento privado, para impulsar a dinamización das zonas costeiras

03/11/21 | 13:10

A Xunta realiza melloras nas infraestruturas pesqueiras da Illa de Arousa

Portos de Galicia vén de rematar as obras de instalación de novos elementos para o amarre en pantaláns e ramplas e reparou o pavimento da punta do peirao do Xufre

29/10/21 | 16:38

Galicia destina máis de 7,5 millóns de euros a 56 proxectos para a protección e recuperación da biodiversidade mariña

Destas achegas, financiadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, benefícianse as confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar e asociacións de profesionais do sector

28/10/21 | 16:39

Galicia ve clave avanzar no recoñecemento do rol feminino no mundo do mar con normativas que atendan as súas necesidades

Susana Rodríguez salientou a contribución do asociacionismo e da Administración autonómica á profesionalización das mariscadoras e das redeiras

25/10/21 | 13:57

Galicia amosa a aposta pola promoción exterior da súa cadea mar-industria na feira italiana Tutto Food

A Consellería do Mar prevé no proxecto de orzamentos de 2022 o investimento de máis de nove millóns de euros, 500.000 euros máis ca este ano, para actuacións relacionadas coa mellora da comercialización dos produtos do mar e coa internacionalización do sector

23/10/21 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza as vantaxes da construción naval en madeira como unha opción respectuosa co medio ambiente e totalmente sustentable

A titular de Mar salienta que as carpinterías de ribeira producen barcos cunha mínima pegada de carbono e co 100% dos materiais reciclables, o que os converte nunha boa opción para actividades do sector profesional como a industria auxiliar de acuicultura ou a pesca artesanal

Rosa Quintana agradece o labor da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira para dignificar o oficio e velar pola preservación dunhas técnicas construtivas que forman parte da tradición cultural de Galicia

22/10/21 | 13:54

O Centro Tecnolóxico do Mar cumpre 20 anos como referente internacional na investigación mariña coa participación en preto de 600 proxectos

Este ente dependente da Consellería do Mar desenvolveu nestas dúas décadas diferentes accións da man de máis de 1.800 socios de preto de 60 países

20/10/21 | 16:28

Galicia eleva en medio millón de euros os fondos para a comercialización e a promoción exterior dos produtos do mar no proxecto de orzamentos de 2022

O Executivo galego prevé investir máis de 9 millóns de euros o ano que vén en actuacións que permitirán avanzar na posta en valor e internacionalización dos produtos do mar a través da presenza en eventos como o Salón Gourmets