Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Clúster Viratec colaborarán na aplicación de solucións ambientais que reduzan o consumo enerxético e as emisións no eido residencial
Na véspera do Día mundial da eficiencia enerxética, Ángeles Vázquez subliña a gran oportunidade que suporán as novas axudas para rehabilitación enerxética de inmobles, que permitirán intervir nunhas 11.500 vivendas
A Xunta pon en valor a contribución do programa Re-Mar á redución dos residuos mariños no arco Atlántico Galego
Nesta edición da iniciativa preténdese incidir máis nos danos colaterais que sofren as especies mariñas que habitan na Rede Natura 2000, promocionando á súa vez a visibilización e o empoderamento das persoas con discapacidade intelectual
A Xunta priorizará a inspección urbanística nos concellos costeiros, con espazos naturais e polos que discorra o Camiño de Santiago
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística publica o seu programa bianual de traballo, que tamén dará preferencia aos expedientes de reposición da legalidade que afecten aos espazos protexidos
Xunta e concellos acordan colaborar na redacción do Plan reitor das Fragas do Eume que blindará novas oportunidades para o Parque Natural
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contactará con todos os axentes implicados de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes para darlles a coñecer os obxectivos do PRUX
A Xunta abre este venres o prazo para solicitar axudas de ata 3.000 euros que melloren a eficiencia enerxética dos fogares, principalmente co cambio de ventás
Ángeles Vázquez lembra que poderán pedilas tanto os propietarios dos inmobles como os usufrutuarios e os arrendatarios dunha vivenda que acrediten a redución dun 7% da demanda de enerxía
A Xunta estudará instalar unha estación de calidade do aire en Boiro
A Consellería de Medio Ambiente terá en conta a solicitude presentada polo Concello, dentro do proceso de mellora da Rede de calidade do aire de Galicia
A Xunta convida a Finsa a unirse á Alianza Galega polo Clima para que sector público e privado traballen xuntos na loita contra o quecemento global
Ángeles Vázquez subliña as medidas e investimentos realizados pola empresa na Sionlla para avanzar cara á pegada de carbono cero así como o seu compromiso coa reciclaxe e a reutilización de materiais para introducir o concepto de circularidade na fase de produción
O Parque Natural de Corrubedo será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación ao naturalismo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora, xunto co Colexio Oficial de Biólogos, nesta actividade gratuíta, e aberta o público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a observación da natureza e as saídas de campo
A Xunta actualizará cada xornada e para cada zona climática a información sobre o índice de risco diario de incendios
As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural asinan un acordo de colaboración para actualizar o sistema de información e predición meteorolóxica previo ao eventual rexistro de lumes forestais
A Xunta destinou 70.000 € a habilitar en Trabada un punto limpo móbil para a recollida selectiva de residuos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego está a valorar as novas propostas recibidas ao abeiro da convocatoria deste ano para continuar estendendo este servizo