Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

25/03/21 | 20:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha dunha oficina técnica para dar soporte ás actuacións do proxecto AutoAncora e desenvolvelo de forma óptima

Precisa que esta oficina ofrecerá asistencia ás empresas na preparación dos proxectos para a súa presentación ás distintas convocatorias dos fondos europeos Next Generation; apoio na xestión técnica e administrativa dos fondos de recuperación captados; e unha avaliación continua do impacto xerado polos investimentos

24/03/21 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na transición enerxética unha prioridade e unha oportunidade para impulsar a recuperación económica de Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na xornada ‘A transición ecolóxica marca o futuro’

16/03/21 | 20:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo analiza co secretario xeral da UGT a crise industrial da Comunidade e os retos derivados do impacto da pandemia e da xestión dos fondos de reconstrución europeos

Destaca que a colaboración cordial e frutífera entre Xunta e UGT é fundamental tanto para o desenvolvemento do Diálogo Social como para os logros acadados en materia de igualdade laboral

16/03/21 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta alerta do impacto que suporá o peche de Ence para o emprego no sector forestal galego

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuníronse hoxe con representantes do sector

16/03/21 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Valdeorras a capacidade de adaptación do sector da lousa galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Clúster da Pizarra no que salientou a necesidade de avanzar no compromiso coa dixitalización, a innovación e as melloras medioambientais

10/03/21 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela ao compromiso de todas as administracións para que a transición ecolóxica sexa unha oportunidade para a industria de Ferrolterra

Subliña a disposición de Galicia a colaborar co Goberno para que encontre unha solución que dote de carga de traballo os estaleiros de Navantia e para que se evite o peche da central das Pontes a través do uso de biocombustibles

05/03/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía as sete primeiras iniciativas vinculadas ao futuro da cadea agro-mar-industria que aspiran a captar 550 millóns dos fondos europeos Next Generation e a crear 1.000 novos empregos

Subliña a importancia de desenvolver proxectos que integren ás pemes para completar toda a cadea de valor, e que a maioría das propostas teñan a oportunidade de desenvolverse a través da colaboración con outras Comunidades Autónomas

03/03/21 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta empraza ao Concello de Cerceda a traballar conxuntamente na busca dunha alternativa industrial para Meirama

Conde asegura que o Executivo galego vai seguir solicitando a máxima implicación da Administración central e de Naturgy para defender o emprego e a actividade industrial na comarca

03/03/21 | 12:59 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao solo industrial poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie bonificada nos seus parques empresariais

Lembra que desde 2015 a Comunidade leva adxudicados un total de 2,1 millóns de metros cadrados cunha bonificación de preto de 65 millóns de euros

26/02/21 | 11:45

Ángeles Vázquez anuncia unha nova Lei de Desenvolvemento de Áreas Empresariais para regular a creación de máis solo industrial e o impulso de novos proxectos en Galicia

Subliña que o seu departamento traballa xa no contido da futura norma, coa que busca responder a algunhas das demandas que lle ten trasladado o propio sector