Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A comarca do Ribeiro estrea vestiarios e bancadas nos campos de fútbol de Arnoia e Cortegada grazas ás obras da Xunta
Os novos vestiarios do campo de Arnoia contaron cun investimento de 48.379,96 euros (achegando a Xunta o 80%) e as bancadas do campo de Cortegada supuxeron un importe de 48.000 euros (sendo o 62,5% finaciado polo goberno galego)
119 clubs e 26 federacións, beneficiados coa primeira convocatoria para a adquisición de equipamentos deportivos que acada 2,6 millóns de euros en 2021
11 federacións deportivas galegas e 53 clubs acadaron o importe máximo subvencionable, de 10.000 euros no caso das federacións e 5.000 euros no caso dos clubs
A Xunta lembra que o deporte non federado pode levarse a cabo aplicando o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO
A celebración de eventos deportivos e outras actividades deportivas non federadas de carácter organizado como campus deportivos, campamentos deportivos e outras actividades análogas, como escolas deportivas municipais, poderanse realizar de acordo ao protocolo FISICOVID correspondente
O secretario xeral para o Deporte participa da inauguración da Semana Azul 2021
Organizada pola Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas – ARIVEN, a Semana Azul diríxese dar a coñecer a gran oferta de actividades náuticas da ría de Vigo.
A Xunta impulsa o torneo de rugby inclusivo que se celebra esta fin de semana en Ribadeo, no marco do programa O teu Xacobeo
O Goberno galego achega 20.000 euros á iniciativa, na que participan equipos de España, Francia e Portugal que integran a persoas con discapacidade intelectual
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolle a presentación dunha xornada da Liga Xunta de Galicia de Breaking
Á presentación asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel
A Xunta de Galicia aproba, a través da Fundación Deporte Galego, a II edición do Plan de patrocinios dos equipos de alta competición femininos
A convocatoria será publicada nas vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia, e está dotada con 254.000 euros.
A Xunta destaca o primeiro Campionato galego de surf adaptado por dar visibilidade á inclusión das persoas con discapacidade
Medio cento de deportistas participan neste evento que comeza hoxe e se celebrará ata o domingo na praia de Patos