Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

18/03/21 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao concello de Friol o convenio de colaboración para dotar de saneamento o núcleo de Roimil, que suporá un investimento de máis de 280.000 euros

As actuacións propostas pola Xunta, cun prazo de execución de 6 meses, estenderán a rede de depuración de augas residuais aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira

18/03/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo de Guimarás, no Concello de Esgos

Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.000 euros e terán un prazo de execución de 3 meses

17/03/21 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle aos concellos de Vilanova, Ribadumia e Cambados o proxecto de mellora do bombeo e o colector de Cabanelas para dar solución aos problemas de saneamento

O proxecto, redactado por Augas de Galicia, prevé un investimento de máis dun millón de euros e establece un prazo de execución de 6 meses

17/03/21 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Guitiriz asinan un convenio para a mellora e modernización da estación de tratamento de auga potable, cun investimento conxunto de case 415.000 €

Trátase de mellorar o proceso completo de tratamento da auga e os seus equipos, ademais do acondicionamento da planta

16/03/21 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que neste ano os veciños de Betanzos verán garantido o abastecemento de auga grazas a un investimento de 1,3 M€ na mellora da potabilizadora

Vázquez Mourelle pon en valor o investimento e o apoio técnico e financeiro da Xunta ao Concello para que poida cumprir mellor coa súa responsabilidade municipal de abastecer auga en cantidade e calidade suficiente á poboación

15/03/21 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López visita a zona do novo bombeo e colector de Cabanelas, no Concello de Ribadumia, para a mellora do saneamento global da ría de Arousa

O delegado territorial coñeceu a actual situación da rede, con certos vertidos, atendendo a petición realizada polo alcalde, David Castro

13/03/21 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/03/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/03/21 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Foz coinciden na necesidade de máis axilidade nos trámites por parte da Dirección Xeral da Costa e o Mar para o impulso da nova depuradora do municipio

A directora e o alcalde comparten a preocupación ante os requisitos da Lei de Costas para a regularización de depuradoras en dominio público

10/03/21 | 17:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta completará o saneamento na parroquia de Santo Estevo de Budiño, en Salceda de Caselas

Augas de Galicia vén de encargar a redacción do proxecto construtivo, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos necesarios por parte dos veciños