Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Medio ambiente:

21/10/21 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á celebración de preto de 400 concertos ao abeiro da liña extraordinaria de subvencións a salas privadas

A iniciativa, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, supuxo un investimento de 560.000 euros e beneficiou un total de 22 espazos habilitados para a organización de espectáculos musicais con público

20/10/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao sector turístico na adquisición de equipamentos poscovid e na súa dixitalización e promoción

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que se trata de dúas liñas de 6M€ cada unha dirixidas a establecementos hostaleiros e hoteleiros como os albergues privados do Camiño de Santiago, incluídas nun paquete de medidas de 16M€ para reactivar o turismo galego

20/10/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias di que as melloras da seguridade viaria en 36 puntos do Camiño estarán listas para recibir a maior afluencia de peregrinos prevista en 2022

O delegado territorial informou a representantes de asociacións das rutas xacobeas da provincia de Lugo sobre a marcha das obras que está a executar a Xunta para reducir a perigosidade en puntos conflitivos de 13 estradas lucenses

18/10/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o esforzo inversor da Xunta nos albergues de peregrinos da provincia

O delegado territorial sinalou que levaranse a cabo ata finais de ano actuacións en 28 albergues públicos por importe de 2,4 millóns de euros

16/10/21 | 17:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García define a toponimia como 'unha das grandes riquezas' do idioma galego e pon en valor o traballo da Xunta pola súa recuperación

O secretario xeral de Política Lingüística participou na VI Xornada de Onomástica Galega celebrada no Museo de Pontevedra, que nesta edición está centrada no estudo dos nomes de lugares que atravesan o Camiño de Santiago

16/10/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da solidariedade na presentación da ruta de apoio á investigación do síndrome de Rett

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación de “Kilómetros de investigación. Ruta de apoio á investigación do Síndrome de Rett”, que partirá de Salceda de Caselas o vindeiro luns 25 de outubro

14/10/21 | 19:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A directora de Turismo de Galicia participa en Ourense nas degustacións do programa 'Écociña no Camiño'

A Xunta promove con esta iniciativa a cociña autóctona e sostible entre turistas e peregrinos co obxectivo de promocionar os produtos e a gastronomía da comunidade

14/10/21 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra hoxe a entrega da Compostela número 150.000 a unha peregrina francesa

Marie Boileau chegou a Santiago polo Camiño Primitivo acompañada do seu marido, completando o seu quinto camiño

14/10/21 | 12:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta visita polo alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares