Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o labor do grupo Inprosec como referente galego no eido da ciberseguridade grazas a súa aposta pola dixitalización e a internacionalización
O director de XesGalicia, Rubén Aguión, asistiu esta mañá en Vigo á celebración do décimo aniversario da compañía
A Xunta aposta por universalizar a innovación entre o tecido empresarial galego para axudar a que pemes e autónomos gañen en competitividade a través da I+D+i
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do informe ‘A innovación aberta en Galicia’, realizado pola Fundación Cotec
A Xunta apoia a aposta que o Centro Tecnolóxico Cetim está a facer pola economía circular
Cetim é un dos centros tecnolóxicos que colabora na candidatura galega para optar aos fondos europeos Next Generation dentro do Polo para a Transformación de Galicia
A Xunta anima ás empresas galegas a solicitar as axudas do programa Conecta Covid para levar a cabo proxectos de I+D relacionados coa covid-19 que impulsen a dixitalización
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou hoxe a nova convocatoria nun webinario no que participaron os Hubs de innovación dixital Dihgigal e Datalife, entidades colaboradoras no programa
A Xunta confía en que Galicia sairá fortalecida grazas a un ecosistema de I+D+i consolidado e aberto tanto á sociedade como ao tecido económico
O programa Ignicia, impulsado en colaboración coa Fundación Barrié, fomenta un cambio cultural en toda a cadea de valor da I+D+i galega que xa permitiu a creación e consolidación de máis de 120 postos de traballo e deu lugar a nove novas empresas
A Xunta pon en valor que o proxecto Valornature permite á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal avanzar no desenvolvemento da economía circular
Conde destaca que a cooperación no ámbito da I+D e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía contribúe a posta en marcha dun centro de excelencia de materiais avanzados
A Xunta convoca o novo programa de axudas Conecta Covid para que Galicia achegue solucións innovadoras ao contexto actual
Cun orzamento de 4M€ co que se prevé mobilizar 6M€, o programa busca seguir avanzando en proxectos de I+D+i relacionados coa pandemia ao tempo que se impulsa a transición dixital das pemes galegas
A Xunta e a Fundación Barrié celebran o Foro Ignicia para explorar as oportunidades de futuro da transferencia de coñecemento en Galicia
O evento terá lugar o 16 de xullo con formato mixto: presencial con aforo reducido na sede da Fundación Barrié na Coruña e retransmitido en streaming
A Xunta intensifica as accións para promover a presenza de mulleres nas empresas tecnolóxicas
Os programas Mática, Girl SteAm e Faladoiros en Mancomún, teñen como obxectivo difundir información entre nenas e mozas e presentar experiencias de éxito de mulleres no sector TIC
A Xunta inclúe, no marco do Polo Aeroespacial 2025, axudas para a internacionalización das empresas galegas vencelladas a este sector industrial
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá nas demostracións aéreas celebradas no aeródromo de Rozas con motivo de Unvex’21