Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

09/04/21 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo do novo bombeo e depósito de retención da seca e da mellora da estación de bombeo de augas residuais de Porto Campelo, en Poio

A Plataforma de contratos da Xunta publica hoxe o anuncio de contratación dos traballos por importe de máis de 141.000 euros, dispoñendo as empresas ata o 11 de maio para presentar as súas ofertas

07/04/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Tragsa das obras de reposición do leito do Regato de Souto no Concello de Sanxenxo

A intervención, cun investimento autonómico de máis de 57.000 euros, forma parte das actuacións de Augas de Galicia de protección de ribeiras fluviais

31/03/21 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
30/03/21 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gonzalo Trenor informa da convocatoria dunha nova orde de axudas para concellos de menos de 5.000 habitantes para obras de abastecemento, saneamento e depuración

A liña de subvencións, dotada con 4 millóns de euros, vai destinada a impulsar actuacións que garantan o mellor funcionamento destes servizos, de competencia municipal

30/03/21 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos de ata 5.000 habitantes poden solicitar as axudas da Xunta para mellorar os servizos da auga

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Administración galega segue a colaborar coas entidades locais para garantir a mellor prestación dos servizos á cidadanía

25/03/21 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Carral, no Concello de Begonte

Os traballos, que suporán un investimento de máis de 17.000 euros, teñen un prazo de execución de 6 meses

19/03/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/03/21 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución do bombeo de augas residuais nas Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén

O contrato, cun investimento de preto de 38.000 euros, conta cun prazo de execución de 3 meses

18/03/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa mancomunidade do Salnés na instalación dun sistema solar fotovoltaico na estación de bombeo de auga potable

Reducirá o consumo enerxético nun 55,8% e evitará a emisión de 67.658 kg de CO2 anuais

18/03/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial de Vilamarín e aos núcleos das Quintás e da Ría

A Xunta, a través de Augas de Galicia, investiu neste proxecto de abastecemento de auga un importe de máis de 165.000 euros