Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

04/11/21 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a celebración do 10º ciclo de concertos internacionais ‘Xacobeo Importa’, que arranca este domingo en Santiago con Efterklang

Seguiranlle as actuacións de Cécile McLorin Salvant o día 9 en Pontevedra, Christian Löffler o 25 en Vigo e Cracker o 4 de decembro en Ourense

03/11/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a recuperación do Camiño e da actividade congresual da man da feira Fairway

A única feira especializada no Camiño de Santiago celebra a súa cuarta edición entre o 7 e o 9 de novembro en Santiago de Compostela

30/10/21 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na estrada LU-530 en Baleira, no treito coincidente co Camiño Primitivo

Estanse a realizar melloras no cruzamento da ruta xacobea coa vía autonómica, no punto quilométrico 37+990, ao seu paso pola parroquia da Lastra

29/10/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta apoia o congreso "O Camiño do fútbol", que dará a coñecer a marca Galicia en todo o mundo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación dun evento que se celebrará en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de novembro e que apadriñará Vicente del Bosque

29/10/21 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gastronomía das diferentes rutas xacobeas centrará a 22ª edición de Xantar en Ourense

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu esta mañá a presentación da feira especializada que terá lugar en Expourense a vindeira semana

28/10/21 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 85,8M€ no Xacobeo 2022 para reforzar a recuperación do turismo e celebrar o Ano Santo que Galicia merece

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que superan os 402 millóns de euros, un 2,6% máis que no 2021

27/10/21 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués a través das imaxes de 42 dos fotógrafos máis destacables do último século e medio

A través de 120 imaxes e a ollada de 42 fotógrafos, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ dialoga entre a fotografía do pasado e unha mirada actual ás realidades e paisaxes que conforman este itinerario histórico e cultural

27/10/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Seis concellos lucenses do Camiño Francés presentan un Escape Way para amosar o seu patrimonio de forma lúdica

A proposta, promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, conta co apoio da Xunta de Galicia

22/10/21 | 19:39

A Xunta activará en novembro un plan de formación para o sector servizos no marco do Xacobeo para mellorar a formación dixital de 4.000 profesionais

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no Parador da Costa da Morte en Muxía no oitavo encontro Xacobeo Peregrinas

21/10/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A España Verde aposta pola promoción e creación de novos produtos turísticos arredor do Camiño en 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Cabárceno nun encontro de seguimento das actuacións levadas adiante este ano