Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
As medidas retributivas que aprobará a Xunta para os profesionais sanitarios de Atención Primaria terán efecto retroactivo dende o un de xullo
Estas medidas acadaron un acordo unánime coas organización sindicais na Mesa Sectorial e buscan compensar o esforzo que este persoal vai ter que realizar ante a situación de déficit de profesionais, especialmente neste verán
Galicia rexistra un total de 13.865 casos activos por coronavirus
Un total de 646.293 pacientes xa están curados
A Xunta inviste 8,6 M€ en adaptar os espazos dos hospitais das áreas de Lugo e Ourense ao novo equipamento tecnolóxico que incorporarán no 2023
Explica que grazas a implantación de equipos punteiros evitarase o desprazamento de moitos pacientes a outras áreas para facer probas ou seguir un tratamento
Galicia rexistra un total de 13.783 casos activos por coronavirus
Un total de 645.544 pacientes xa están curados
O Sergas publica o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais da fase de oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
Superaron a fase de oposición do proceso 4.804 persoas aspirantes
O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias
Resultaron admitidos 6.019 aspirantes
A Xunta licitará este ano os proxectos dos novos Centros de Saúde de Boborás e Muíños
O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria na área de Ourense continúa coa elaboración dos proxectos do centro de saúde de A Rúa e do novo CIS da cidade das Burgas
Preto de 600 galegos teñen os seus dispositivos cardioimplantables conectados á plataforma Telea
A Xunta iniciou esta integración nas áreas sanitarias da Santiago e Lugo, e prevé estendela ás sete áreas antes de rematar o ano
Rueda anuncia unha nova convocatoria de prazas en propiedade para médicos de atención primaria en lugares de difícil cobertura
O titular do Executivo galego precisa que será o ano que vén tras o “ben valorada” que foi a convocatoria deste 2022, á que se presentaron 350 profesionais para 106 prazas