Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

11/08/21 | 10:20 | C. de Economía e Industria

Últimos días para solicitar as axudas da Xunta para levar a cabo proxectos de I+D fronte á covid-19

As empresas interesadas en participar no programa Conecta Covid teñen ata este venres, 13 de agosto, para presentar as súas propostas orientadas á investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, equipos sanitarios e médicos, desinfectantes ou equipos de protección

10/08/21 | 11:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 13 profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas e centros de investigación de Galicia

A cuarta edición do programa Talento Sénior destina máis de 940.000 euros para seguir consolidando o sistema galego de innovación a través da captación e retención de talento

04/08/21 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o impulso da competitividade de Finsa a través de procesos de innovación e proxectos de mellora de eficiencia enerxética

Conde destacou que o desenvolvemento tecnolóxico que está a facer o grupo empresarial contribúe a situar á planta ourensá na vangarda do desenvolvemento da dixitalización e a sostibilidade

04/08/21 | 09:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta dá a coñecer os sete proxectos que a través do programa Ignicia levarán ao mercado os resultados da investigación en centros de coñecemento

A Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración coa Fundación Barrié, impulsa esta convocatoria pioneira en España

02/08/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria
28/07/21 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Consorcio Aeronáutico Galego suman esforzos para captar investimentos e completar as cadeas de valor deste sector en Galicia

Conde explica que se trata dunha das 30 actuacións que recolle a Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025, xunto coa licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos que foi presentada esta mesma semana

28/07/21 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a transformación industrial de Televés cara a Industria 4.0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá ao acto de peche do proxecto Corp4Future apoiado polo programa Fábrica Intelixente e Sostible

Esta iniciativa, que contou cunha axuda pública de preto de 5,8M€ e supuxo a creación de máis de 25 postos de traballo, baseouse na xestión intelixente da información para contribuír á mellora dos procesos produtivos e abrir novas oportunidades de negocio

26/07/21 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da innovación á modernización do sector agroalimentario

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitaron a empresa lucense de base tecnolóxica Himikode, que ofrece servizos TIC á industria alimentaria

22/07/21 | 16:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
22/07/21 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima as pemes a apostar pola I+D+i e a colaboración entre sectores estratéxicos para gañar en competitividade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Ames a empresa D3 Applied Technologies, experta en desenvolver solucións para a industria naval