Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

13/11/21 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia reúne en Santiago a mozos e mozas de toda España participantes nos proxectos de voluntariado europeo

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, percorreu hoxe o último tramo do Camiño de Santiago en compañía de voluntarios procedentes de toda España, e mañá participará nunha mesa redonda organizada polo CES

12/11/21 | 19:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A cidade de Vigo recupera o pulso como capital europea da danza da man do Xacobeo 21-22

Do 25 ao 28 de novembro 500 bailaríns de España e Portugal competirán por alzarse co máximo recoñecemento nas categorías de Mini-Infantil e Junior-Absoluta

12/11/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023 prevé un impacto na economía galega de preto de 950 M€ en tres anos

Nos actos de conmemoración do 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a colaboración público-privada para saír da crise

12/11/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ferrol contará neste Xacobeo 21-22 co seu primeiro albergue nun dos puntos de saída do Camiño Inglés

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe no encontro “Turismo, reinventar un sector estratéxico e clave para a recuperación” que en breve se asinará o contrato de arrendamento do local coa Autoridade Portuaria de Ferrol ao finalizar os trámites da cesión, o que permitirá licitar a obra e comezar os traballos

11/11/21 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta culmina a promoción do Xacobeo 21-22 en Italia cunha presentación en Milán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Milán na segunda das presentacións do destino Galicia e da celebración do Ano Santo en Italia, tralo acto do martes en Roma

11/11/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Lugo a mostra 'Percorrer o tempo', que transforma contedores de barco en salas de proxección con obras audiovisuais sobre o Camiño

O secretario xeral de Cultura participou hoxe na apertura da exposición itinerante, que pode verse na Praza Horta do Seminario ata o 10 de xaneiro
 

10/11/21 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca Nacional inaugura a nova exposición coorganizada coa Xunta sobre as pegadas do Camiño na historia a través de máis de 200 pezas únicas

En colaboración con Acción Cultural Española, enmárcase na programación cultural do Goberno autonómico no marco do Xacobeo 21-22

09/11/21 | 21:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo protagoniza en Italia dúas presentacións en Roma e Milán para internacionalizar a celebración

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no primeiro dos dous actos que o Xacobeo vai protagonizar no país transalpino co obxectivo de converterse nun motor de recuperación e de internacionalización do Ano Santo

07/11/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a relevancia de FairWay na promoción do turismo vencellado ao Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe o Fórum do Camiño de Santiago, especializado nos mercados que se moven ao redor das rutas xacobeas, que cualificou como “gran escaparate internacional” para captar peregrinos e turistas coincidindo co Ano Santo

05/11/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a acollida de peregrinos na Vía da Prata con 76 prazas no mosteiro de Oseira

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións de rehabilitación xa rematadas no antigo albergue que contarán con 32 prazas e comprobou os avances nas novas dependencias que sumarán outras 44