Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

13/04/22 | 12:09

A Xunta formaliza a adxudicación de 3 parcelas na Plisan, que ten á disposición das empresas máis de 134.000 m2 de solo industrial urbanizado

A conserveira Frinsa e a empresa de augas Gainser ocuparán preto de 44.000 m2 neste ámbito co obxectivo de crear unha trintena de empregos e investir case 8 M€

12/04/22 | 13:53

As comunidades reclaman ao Goberno central impulsar unha lei que ofreza seguridade xurídica aos planeamentos urbanísticos de todo o Estado

Un total de 13 gobernos autonómicos, entre eles a Xunta de Galicia, asinaron xa un manifesto no que defenden a necesidade de axilizar unha normativa que evite aos concellos redactar desde o inicio un plan xeral anulado por sentenza por vicios formais que se poden resolver con procedementos sinxelos

11/04/22 | 14:30

A Xunta subliña que grazas á intervención ambiental na lagoa de Baldaio se garanten a protección deste espazo natural e os intereses do sector marisqueiro

Ángeles Vázquez explica que a actuación executada, cun investimento de máis de 36.000 €, permitiu recuperar plenamente a conexión entre a lagoa interior e o mar

09/04/22 | 11:48

As obras dos novos puntos de transvase para a materia orgánica nas plantas de Lugo, Narón, Silleda, San Cibrao das viñas, Vigo, O Porriño e A Rúa comezarán antes de verán

Sogama vén de adxudicar por un importe global de máis de 2,3 M€ os contratos polos que se instalará unha tolva específica para o transvase da fracción orgánica recollida de forma diferenciada a través do contedor marrón nas sete instalacións

07/04/22 | 10:46

Meteogalicia sinala que marzo foi un mes húmido e normal en temperatura na comunidade

O terceiro mes do ano tivo dúas partes claramente diferenciadas: unha primeira quincena invernal, con precipitacións e baixas temperaturas, e unha segunda máis seca, con temperaturas superiores ao normal nesta época do ano

06/04/22 | 14:40

A Comisión Superior de Urbanismo avala a ampliación do complexo administrativo de San Caetano

O proxecto da 1ª fase da Cidade de San Caetano, tramitado mediante a Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, elevarase agora ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitive

05/04/22 | 17:08

A Xunta convida aos concellos a solicitar o distintivo Bandeira Verde de Galicia para poñer en valor o seu traballo a prol do coidado da paisaxe

Enrique de Salvador recorda que as actuacións para a xestión responsable dos residuos, o impulso da eficiencia enerxética ou a loita fronte ao cambio climático son accións computables para a obtención deste recoñecemento